Exemplo de brecha dixital

abuu.jpg

  • Abuuu!!! Ponte que sacamos un selfie?
  • Un queee? Que dis?  OH pero como nos vemos ahí? (primeira foto)
  • Espera que me acerco máis para que te vexas mellor (segunda foto)


Para min estas fotos é un exemplo, claro,real e próximo, respecto ao fenómeno que se está producindo denominado brecha dixital. Meu avó sorprendeuse ao ver que aparecía reflectido na pantalla do móvil. El pensa que  o teléfono móvil só sirve para chamar cando tes unha urxencia, e que para sacar fotos están as cámaras. Pero no seu tempo eran poucos os que podían comprarse unha cámara e aproveitaban cando viñan veraneantes ou familia doutras ciudades para sacar as fotos.

Verdadeiramente somos conscientes dos cambios que se produciron na última década?

Meu avó non me entende cando estou estudando a través dun ordenador, di que vou quedar bizca! Pero se vos fixades, na segunda foto, unha amiga miña, sae rindose a carcajadas pola cara de asombro que se lle quedou a meu avó. Pero…..débenos dar a risa? Eu creo que é un problemas moi serio!!

Comentarios

  • Irene Campelo

    Ola Alba!

    É certo que moitas veces a xente xove non somos conscientes do que evolucionou a tecnoloxía na última década quizais porque nós xa nacimos nesta era tecnolóxica, rodeados de ordenadores, móbiles e demais aparatos electrónicos. Sen embargo, penso que si que somos conscientes dalgúns cambios, como que antes tiñamos que escribir sms ou dar toques para comunicarnos cós nosos amigos, e que agora podemos usar o Whatsapp ou Facebook, ou que o messenger (tan querido e preciado por nós naquela época) desapereceu. Pero do que non somos conscientes é de como poido evolucionar a ciencia e a tecnoloxía desde a época dos nosos avós hasta agora, e non falo só do dixital, senon tamén de cousas tan cotidianas como ir en coche dunha cidade a outra, da nosa maneira de cociñar, de lavar a roupa, no médico, etc.

     A verdade é que o proble da brecha dixital non só temos que entendela de maiores a xoves, se non tamén daquelas personas que non teñen os recursos suficientes como para acceder as novas tecnoloxías. Por esta parte penso, que poderiamos facer nós como pedagogas para paliar esta brecha? Quizais fomentar as interacións con persoas maiores, que a xente xoven lle ensinen aos seus avós e avoas a usalo ordenador, e poñerlle en claro as vantaxes do uso dos ordenadores ou tablets no ámbito educativo, xa que moitos dos nosos maiores pensan que estamos "aparvados" con tanta tecnoloxía. Quizais o traballo conxunto debe ir nesta liña, ti que opinas?

    Un saúdo!

  • Natalia

    Buenas noches chicas! Leyendo todo esto no puedo estar más de acuerdo! Mis abuelos y, incluso a mis padres, les cuesta entender que tengamos que hacer todo por ordenador, preguntándose dónde quedó eso del lápiz y el bolígrafo.

    Personalmente creo que como pedagogas deberíamos intentar introducir estas nuevas tecnologías en todos los ámbitos y en todas las personas, desde lo educativo a lo personal y desde las personas más mayores hasta los más pequeños, ya no tanto por lo necesario que es en nuestra vida sino también por todas las facilidades que nos ofrece. 

    La brecha digital no existiría si, como bien decía Irene, trabajamos todos conjuntamente.

     

  • Alba Neira Pasarín

    Ola rapazas!

    Moi boa pregunta dende perspectiva pedagóxica:  Qué podemos facer nós como futuras pedagogas para paliar esta brecha? Como ben dis Irene é importante que se produza unha interación entre xoves e persoas maiores acercándolles e ensinándolles diversas tecnoloxías. Tamén estou dacordo contigo Natalia debemos introducilas en todos os ámbitos...pero por qué as persoas maiores as deixamos de lado? Fáltanos paciencia? Non temos tempo?

    Cabe destacar que a pesar das moitas persoas que utilizan tecnoloxías dixitais teñen un uso limitado debido a que as utilizan de forma inapropiada ou incomplenta. Por exemplo eu identificome en que non utilizo as funcións avanzadas de búsqueda e selecciono acríticamente os resultados de búsqueda e, a veces non son consciente de que os buscadores priorizan certos ítems porque son publicidades.