Cómo inflúe a tecnoloxía nos nosos días

En relación coa miña entrada anterior relacionada coa sociedade da información e da comunicación e coa entrada que acabo de ver de Lorena Resúa, gustaríame dicir que recentemente lein un libro onde aparece unha frase relacionada coa tecnoloxía que me parece de relevancia. A comparación que se fai é que ao longo da historia, os aparellos que mais condicionaron as nosas vidas foron o reloxo e o ordenador xa que ambos instrumentos contribuíron de xeito esencial ao sentimento de escaseza e premura do tempo.

A metáfora que se fai co reloxo é que actualmente simbolizanos o reloxo dixital, que apunta o instante (17:20), marca un momento puntual nas nosas vidas, podemos relacionalo co famoso Carpe Diem que quere dicir "aproveita o momento", isto obliganos a vivir nun instante e a disfrutar de cada minuto. Por outro lado, o reloxo de agullas marca o tempo de forma circular e, en parte repetitivo. Que o tempo sexa circular ou lineal plantea importantes consecuencias psicolóxicas xa que un tempo circular permite relativizar os sucesos, de algunha maneira ofrece seguridade e liberanos de incertidumes. Mentres, pola contra, un tempo lineal como o entendemos hoxe, metenos de cheo na incertidume do mundo e na angustia de vivir (na necesidade de encontrarlle sentido ás nosas vidas).

Na actualidade, por exemplo, o xeito de comunicarnos cambiou radicalmente: todo ocorre máis rapido e afecta ao noso comportamento como individuos dunha sociedade, xa non temos que esperar un mes ata que unha carta nos chegue con noticias, a mensaxería instantanea revolucionou as nosas vidas. Quen non domine as novas tecnoloxías da comunicación e da información, convértese en analfabeto tecnolóxico e, de seguro, terá moitos problemas para integrarse nesta nova sociedade que se está construíndo. Esta nova forma de comunicarse, condiciona as nosas vidas.

"Los que no puedan mantener el ritmo de la revolución tecnológica, se encontrarán con que ellos mismos se han vuelto obsoletos" (Katherine Neville).

Ademais disto, a tecnoloxía actual está modificando o noso cerebro, tal e como comentamos durante as sesións de clase, xa que hai estudos que afirman que as persoas teremos menos memoria e mais visión xa que o que fagamos agora, vai condicionar moito como será o noso cerebro no futuro: a súa capacidade, cales destas irán mellorando ou diminuíndo, que capacidades novas surxirán. Se desenvolvemos moito a visión utilizando ordenadores, esta vai ser un sentido en permanente evolución e, pola contra, se certos tipos de memoria non os desenvolvemos tanto porque o temos todo no mobil ou ordenador, perderemos certa capacidade de memoria que xa tiñamos, pero gañaremos outro tipo de capacidades

Por último, gustaríame dicir que as novas tecnoloxías teñen en desarrollo imparable e rapidísimo que van a condicionar a sociedade do futuro, como acabo de mencionar. Segundo como usemos as novas tecnoloxías nos distintos niveis (persoal, social, político) estaremos en un nivel de desenvolvemento.


Redorta, J., Obiols, M. y Bisquerra, R. (2006). Emoción y conflicto: aprenda a manejar las emociones. Barcelona: Editorial Paidós.

http://www.mbctimes.com/espanol/la-tecnologa-en-nuestras-vidas

http://www.eldiario.es/sociedad/Ahora-condicionar-desarrollo-evolutivo-cerebro_0_389161864.html

http://www.frasesypensamientos.com.ar/frases-de-tecnologia.html

Comentarios

  • Carlota Rodríguez

    Paréceme realmente interesante esta entrada, Raquel. Encontro que a temática que elixiches para isto é unha cuestión na que paga a pena reflexionar. Ademais, coincido nas túas apreciacións, xa que eu tamén creo que o densenvolvemento das novas tecnoloxías condicionan as nosas relacións no presente e, de seguro, influirán aínda máis no futuro. Recollo algunha destas ideas nunha entrada que recentemente publiquei (¿Más o menos comunicación?), non sei se a liches. E, por outra contra, non me decatara da influencia do tempo circular que marca o reloxo nas nosas vidas, como ben explicas. Sen dúbida, outra cuestión sobre a que relexionar. 

    Moitas grazas por compartir esta información connosco. Unha aperta!