Prohibido facturar baterías de litio!

"La Región" publicou o día 24 do pasado mes a seguinte nova: "Los ordenadores, tabletas y móviles solo se podrán llevar como equipaje de mano en el avión".

Pese a que o titular parecíame antigo, dado que xa pasara un mes da nova (pode que pola idea de obsolescencia que impera nesta era tecnolóxica e do coñecemento), o contido pareceume interesante dado que a norma entratrá en vigor nada máis comezar o vindeiro mes de abril.

A noticia relata o perigo de transportar aparellos tecnolóxicos como equipaxe nas bodegas, dado que as baterías dos mesmos sobrequéntanse podendo producir explosións imposibles de controlar cos sistemas anti incendios existentes nos avións.

Persoalmente, considero que esta medida debería de ter sido tomada tempo atrás, no momento do coñecemento desta consecuencia, pois son múltiples os casos de aterrizaxes forzosos pola imposibilidade de solucionar o problema no aire.

De terse en consideración a seguridade dos tripulantes e pasaxeiros a medida non sería de carácter tan tardío, de novo un exemplo de como a economía e a tecnoloxía condicionan ó ser humano nas súas accións cotidiá; tampouco polo mesmo motivo, esta sería soamente temporal, á espera das remodelacións lexislativas de car´ácter xeral do sector, que se levarán a cabo no ano 2018.

Considero fundamental a concienciación da defensa da seguridade e integridade das persoas por encima da necesidade de transportar calquera elemento material que poida ser perxudicial, pero polo que vexo non todos opinan o mesmo, entendendo que a norma poderíase ter posto en vixencia anos atrás. 

Alguén coincide cos intereses económicos de quen non a implantara aínda?

S.A. (2016, 24 de febrero). Los ordenadores, tabletas y móviles solo se podrán llevar como equipaje de mano en el avión. La Región. Recuperado de: http://www.laregion.es/articulo/tecnologia/ordenadores-tabletas-y-moviles-solo-podran-llevar-equipaje-mano/20160224193157603487.html