Que esta a pasar?

Boas tardes stellaers, gustaríame compartir con vós unha pequena reflexión do falado na clase expositiva do oito de marzo, sobre a dependencia das redes sociais, do móbil, etc.

Na actualidade cada vez é máis común, sobre todo entre os máis xóvenes, ter un perfil nalgunha rede social, ter whatsapp, compartir fotos, ter un móbil intelixente...; mirando de forma estraña a alguén que non cumpre algunha destas condicións.

Atopamonos nun momento no que practicamente estamos absorbidos nunha especie de mundo dixital.  Quedamos con alguén e a vez estamos falando con outras tres ou catro persoas a vez de forma simultánea, descolgando, en parte, a persoa que temos en fronte; mídense as amizades e a popularidade, polas cantidades de amigos en facebook e os seguidores en instagram ou polos me gustas dunha foto; súbense periodicamente fotos da maioría dos eventos das nosas vidas, importantes e non tan importantes, necesitando plasmar e compartir co mundo cada momento; como se o feito de ir a algún lugar e non compartilo non fose o mesmo, publicando o que se esta a facer e onde. Chegamos a un punto no cal ata podemos saber o que esta a comer, beber, ler, etc.; outra persoa a tempo real (coa aplicación snapchat, por exemplo); moitas veces sen saber con que se están compartindo realmente esas publicacións. Co que cabe facerse algunhas preguntas: onde quedou a privacidade? En que momento se pasou de facer cousas por afección a facelas para publicalas? Onde quedaron as largas conversacións cara a cara?

Cada vez é máis común entre os xóvenes estas situacións, podendo ver nos máis cativos, inclusive, preferir xogar en liña que quedar cos amigos e xogar ao aire libre; pintar, facer puzzles, tocar algúns instrumento, etc.;  a través dunha tablet que cos obxectos físicos. O que me fai recordar o que nos dicía a nosa profesora de filosofía en segundo de bacharelato en épocas de exames ,  cando lle diciamos que non tiñamos tempo a nada e ela nos preguntaba canto tempo perdíamos en estar co móbil. Ese tempo no cal decidiamos desconectar cinco minutos para preguntarlle a algún compañeiro como levaba o exame e que lle faltaba por estudar, entre outras cousas; que ao remate entre que nos volvíamos poñer a estudar se convertían en corenta minutos, no mellor dos casos. Ela sempre nos dicía que nese tempo podíamos cerrar o libro, baixar e quedar cun amigo durante media hora; despexándonos, tomando aire fresco e falando con alguén cara a cara, só era necesario invertir o tempo doutra maneira. Co que me gustaría ir rematando coas seguintes cuestións: canto tempo “desperdiciamos” en estar co móbil, en revisar as redes sociais? Cantas horas diarias lle adicamos realmente?  Que importancia xogan nas nosas accións?

Estas son unhas imaxes que reflexan un pouco o contido desta entrada e o que quero transmitir con ela.

Referencia: 

Medina, N. (2014). La barbarie de nuestro tiempo en viñetas a todo color. Play Ground Noticias. Recuperado de:  http://www.playgroundmag.net/noticias/actualidad/barbaria-ilustraciones-comic-luis-quiles_0_1444055582.html

Medina, R. (2015). 20 viñetas que nos muestran los efectos que tiene ser adicto al móvil. Artistas de la red. Recuperado de:  http://artistasdelared.com/20-vinetas-que-nos-muestran-los-efectos-que-tiene-ser-adicto-al-movil/

Pérez, K. (2015). 28 viñetas de la mano de un artista muy cínico que muestran la realidad como no la queremos ver. La voz del muro. Recuperado de: http://lavozdelmuro.net/28-vinetas-de-la-mano-de-un-artista-muy-cinico-que-muestran-la-realidad-como-no-la-queremos-ver/

 

Comentarios

  • Noelia Ares Maceiras

    Hola Lara! Estupenda reflexión y las imágenes creo que no pudiste haberlas escogido mejor. Estoy totalmente de acuerdo contigo, uno de los aspectos negativos de la tecnología es la despersonalización que hace la misma, nos absorve como si el mundo virtual fuera el real y no el que ven nuestros ojos. Espero que con el tiempo esto vaya cambiando y nos demos más besos y abrazos en persona y no mandemos tantas caritas con corazones. Un saludo.