B-learning

O B-learning é aquel proceso de ensino-aprendizaxe semipresencial, é dicir, un modelo mixto de formación online e presencial.

Este tipo de formación ten parte de E-learning pero, a gran diferencia, é que esta ten a súa parte presencial, o que permite ao usuario do mesmo administrar o seu tempo na formación e tamén asistir a clases presenciais as cales son moi importantes, sobre todo para poñer en prácticas moitos dos coñecementos adquiridos.

Dos tres termos dos que falamos nestas tres últimas entradas, considero a todos importantes, sendo grandes avances no contexto de tecnoloxía educativa pero, sen dúbida, este é o máis satisfactorio a nivel de aprendizaxe dende o meu punto de vista xa que se trata da combinación de ambos métoos de formación.

A súa forma de aprendizaxe online xunto ca presencial permite ao usuario  un contacto físico tanto co profesor como co resto de compañeiros, interacción que non se pode comparar ca que se pode ter mediante un ordenador, móbil ou outro tipo de ferramenta. Con isto non quero dicir que sexa algo negativo este tipo de ferramentas que, como dixen en anteriores entradas de Blog, son ferramentas que nos permiten avanzar en moitos ámbitos tecnolóxicos.

Bibliografía:

Aprendizaxe semipresencial, (s.f.). En Wikipedia. Recuperado o 24 de marzo de 2016 de: https://es.wikipedia.org/wiki/Aprendizaje_semipresencial

Ciberaula. (2014-2015). Blended learning e a súa implantación na empresa. Recuperado de: http://elearning.ciberaula.com/articulo/blearning/