Diferencia entre TICs e TACs

Durante a miña indagación pola rede sobre os termos tratados en clase, “sociedade da información” e “sociedade do coñecemento”, atopei dous tipos de tecnoloxías asociadas ou relacionadas a cada sociedade (TICs e TACs), polo que a miña pretensión ca elaboración desta entrada, e aclarar cales están relacionadas ca sociedade da información e cales están relacionadas ca sociedade do coñecemento, así como resaltar as diferenzas entre ambas.

Dende que as Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TICs) foron aumentando o seu protagonismo na gran masa social chegando a considerar esta como a sociedade da Información, as TICs fóronse convertendo en ferramentas habituais en todos os ámbitos da nosa vida cotiá, tanto na nosa vida privada como profesional ou académica; esta influencia cambiou a nosa forma de relacionarnos e de acceder tanto a información como ao coñecemento, de tal forma que conseguiron transformar a sociedade ata tal punto que o desenvolvemento tecnolóxico levounos a pasar da Sociedade da Información a Sociedade do Coñecemento. Anque en ocasións, ambos termos poden chegar levarnos a confusión e consideralos como  iguais, isto non é así, a Sociedade do Coñecemento como se comentou na clase vai un paso máis aló, posto esta conleva a que unha comprensión máis global ou analítica por parte do individuo sobre a información a que ten acceso.

Polo tanto esta situación fixo que houbera un paralelismo onde as Tecnoloxías da Información favoreceron un achegamento ao coñecemento hasta o punto de poder xestionalo, o que provocou que se falase de Tecnoloxías do Aprendizaxe e o Coñecemento, tamén coñecidas como TACs.

A diferencia entre as TICs e as TACs e que por unha banda, as TICs son un conxunto de tecnoloxías desenvoltas que están a disposición das persoas, cuxa finalidade e a de mellorar a calidade de vida e permiten realizar diferentes xestión coa información que manexemos, ademais de xestionala podemos almacenala, recuperala e manipulala. As TICs foron xerando unha necesidade de alfabetización dixital, que dunha maneira un tanto inconsciente acabáronos levando a unha nova situación, e polo tanto a unha nova cuestión que afecta ao ámbito educativo. Deste xeito, nos entornos educativos nos que se empregan os as TICs para mellorar os procesos de Ensinanza – Aprendizaxe, é cando se comeza a falar de TACs, entendendo estas como as Tecnoloxías do Aprendizaxe e do Coñecemento. Polo que podemos dicir que a sociedade da Información na que comezamos a manexar as TICs, ca finalidade de xestionar e acumular información que se vai xerando, pasamos a Sociedade do Coñecemento, na que o manexo das tecnoloxías xa non se fundamenta esencialmente en acumular e xestionar información, senón que a súa importancia radica en que esa información se transforme en coñecemento, polo que as tecnoloxías deben facilitar o acceso ao coñecemento e ao seu aprendizaxe, do que se deriva que as tecnoloxías propias da Sociedade do Coñecemento son as TACs.

 

Moya López, M. (2013). De las TICs a las TACs: la importancia de crear contenidos eduactivos digitales. Revista de Opinión y Divulgación,27. 1-15. Recuperado de: http://dim.pangea.org/revistaDIM27/docs/AR27contenidosdigitalesmonicamoya.pdf Fecha de consulta:23/03/16

Sancho Gil. J.M.(2008). De TIC a TAC, el dificil tránsito de una vocal. Diario Oficial de la Generalitat, 5028, 53408-53467. Recuperado de: http://www.ub.edu/esbrina/docs/proj-tic/tic_a_tac.pdf, Fecha de Consulta: 23/03/16