A miña experiencia con Antonio, un alumno de atención educativa domiciliaria

Quero presentarvos a historia dun rapaz que coñecín durante a miña estadía do Practicum. Coa entrada de Jessica Abalo respecto a atención educativa domiciliaria, paréceme moi interesante compartila contando coa autorización da súa familia.

            Antonio é un alumno do CEE Infanta Elena, situado en Monforte de Lemos, matriculado en 4º da ESO. Este alumno está diagnosticado con atrofia muscular progresiva, a enfermidade de Werdning Hoffman, que ocasiona escaso ton muscular e soamente ten movemento nos ollos, na man esquerda e perna dereita, ademáis de problemas respiratorios e dificultades de alimentación, polo que posúe ventilación mecánica e é alimentado por unha sonda gástrica. Presenta unha minusvalía do 99%, polo que precisa unha atención constante da súa nai.

Dados aos seus graves problemas de saude o alumno non pode asistir ao colexio ordinario polo que recibe atención domiciliaria por parte do centro, durante 12 horas dunha PT e dunha mestra de lingua estranxeira e 2h da fisioterapeuta. A pesar das súas dificultades, a súa evolución demostra que é un neno intelixente que aprende rápidamente os contidos coas adaptación adecuadas. Emprega unha comunicación non verbal, a través dos ollos (Si: pecha os ollos intencionadamente; Non: eleva os ollos cara arriba). Sorprendente verdade?

A titora coa axuda da nai adaptan todo o material para que o alumno poida realizar todas as actividades, contestando si ou non. Necesita moito apoio visiual e experiencias que o aproximen aos coñecementos teóricos. Dende fai un ano,  realiza actividades cun pulsador FR colocado nunha perna e accionado ca outra. Este pulsador está conectado ó ordenador e funciona por barrido automático, a través do programa Predwin ou IN-TIC . Se non fose que require de barrido directo para a selección das respostas correctas das distintas tarefas, sería totalmente autónomo, para a realización das mesmas debido a súa competencia cognitiva e as súas ganas de aprender.

Grazas a este programa estiven falando con el, aquí vos deixo unhas fotiños.

collage.jpg

Tamén observei que a relación entre a familia e a escola é moi positiva facendo posible a integración de Antonio no centro dunha maneira indirecta. Todos os seus compañeiros saben quen é, e varios xa o visitaron nalgunha ocasión para realizar diversas tarefas. Deste modo, inténtase que participe nas diferentes actividades a través de Skype. 

Comentarios

  • Jenny Prieto

    Conmovedora a historia de Antonio. Realmente pareceme increíble a vitalidade que poden mostrar persoas que se encontran nestas situacións da vida,  tan complicadas e que amosan tantas dificultades. Esas ganas de aprender como ti dis, é o que o fan forte para seguir adiante, espero que sempre as teña. A verdade é que moitos de nós queixámonos de vicio por cousas que verdadeiramente non teñen importancia, e con este tipo de artigos moita xente párase a pensar, por fin, o que sí é importante. Con respecto as tecnoloxías, unha vez máis, vemos que poden aportar moitas cousas positivas e que non só o seu uso desencadea efectos negativos, xa sexa, dependencia ou vulnerabilidade a éstas.

    ¡Un saúdo Alba!