TICs para persoas con NEE

Si as TIC veñen a mellorar a calidade de vida das persoas nun entorno, estas mesmas deben ser adaptadas ás persoas con necesidades educativas especiais.

No caso das persoas con discapacidade física que, polo xeral teñen problemas motrices que lles impiden acceder á información aportada na aula, existen tecnoloxías para satisfacer estas necesidades como poden ser:

  • Intellinkeys (Teclados adaptados): Teclado que permite introducir números, navegar e executar comandos de maneira máis sinxela.
  • Punteiros especiais.
  • Interruptores.
  • Diferentes ratos dependendo do grao de discapacidade.
  • Licornios: Emprégase como punteiro en pantallas táctiles ou como pulsador do teclado.
  • Programas de recoñecemento de voz mediante os cales poden tomar apuntes como, por exemplo, o chamado Dragon Naturally.

Por outro lado, referente á discapacidade psíquica, é difícil concretar as tecnoloxías máis útiles xa que os seus consumidores forman parte dun alumnado moi amplo e heteroxéneo. Por isto, a Asociación Pro Persoas con Discapacidade Intelectual (AFANIAS), destacou as barreiras que teñen estas persoas, entre elas a dificultade para situarse dentro dunha web, perda de interese nos tempos de espera, distracción con sons e animacións, etc. Isto lévanos a unha difícil adaptación destas persoas pero, que aínda así son existentes, como pode ser o Protocolo NI4, que intenta dar resposta ás necesidades de acceso a internet das persoas con este tipo de discapacidade.

En canto á discapacidade auditiva, estas persoas hoxe en día non o teñen demasiado difícil, o alumnado con esta discapacidade normalmente posúe implantes cocleares ou adífonos que lle permiten escoitar. Dentro disto, igualmente estas persoas teñen unhas limitacións que poden ser suplidas na aula co uso de sistemas de amplificación e emisoras de FM.

Por último, en canto á discapacidade visual, estas persoas usan o ordenador con unha gran habilidade pero, aínda así, existen diferentes tecnoloxías que facilitan o desenvolvemento destas persoas na aula e na súa vida cotiá como poden ser:

  • Máquinas de escribir e impresoras en Braile.
  • Bastóns electrónicos.
  • Instrumentos de debuxo.
  • Escáneres.
  • Bolígrafos de escaneo de notas.
  • Etc.

Existen tamén diferentes software e hardware para acceder con máis facilidade aos contidos visualizados nunha pantalla de ordenador como instrumentos especiais que len en Brale.

Sen ir máis alá, o teclado habitual de calquera ordenador posúe nas letras F e J unhas raíñas en relevo que permite á persoa situarse no mesmo.

Dende o meu punto de vista, non era sabedora dos avances nas TICs para persoas con discapacidade pero, despois de informarme sobre iso, vin unha clara inclusión nas aulas por parte de todo o alumnado e, todo isto, grazas á tecnoloxía que, considero que sen ela, isto non sería posible. Sinceramente, falando de inclusión, a tecnoloxía é un dos avances máis importantes a ter en conta xa que sin ela, moitas destas persoas non poderían actuar con "normalidade" ou "coma os demáis" dentro dunha aula na súa formación.

 

Bibliografía:

Fontanillas, J. (2011). "As TIC no alumnado con necesidades educativas especiais”. SCOPEO, O Observatorio da Formación en Rede. Boletín SCOPEO nº 48. Recuperado de: http://scopeo.usal.es/enfoque-bol-48-las-tic-en-el-alumnado-con-necesidades-educativas-especiales/

Comentarios

  • Ruben-Lopez

    Ola Maria! considero que o que expuxeches é moi interesante, posto que creo que a tecnoloxía ofrece máis posibilidades na educación ordinaria en xeral, e na eduación especial en particular posto que este desenvolvemento tecnolóxico posibilitou a apertura de novos espazos educativos, o que trouxo consigo un maior acceso e un aumento de posibilidades formativas.

    Este avance das novas tecnoloxías, posibilitou que a resposta educativa que se poida ofrecer poida axustarse en maior medida, as posibilidades e desenvolvemento do alumnado cuxas caracteristicas están marcadas por afeccións de diversa ídole xa sexa no desenvolvemento psicomotor, cognitivo, comunicativo, afectivo ou social.

    Por outra banda, as tecnoloxías deben propiciar o desenvolvemento de capacidades fisicas, afectivas, cognitivas e comunicativas dos alumnos con necesidades educativas especiais, ademais deben promover e posibilitar alcanzar un maior grado de autonomia persoal e de integración social.

    Aunque ben é certo que a resposta educativa para unha ou outra deficiencia pode ser diversa, xa que para unhas discapacidades a tecnoloxía avanzou máis que para outras, pero en xeral estase tratando de mellorar aunque ainda queda moito por percorrer.

  • Antía Bastos

    Hola Maria! No había visto tu entrada,pero la verdad es que me parece muy interesante,a la vez que completa en todos los apartados. Aportaste mucha información que desconocía de manera tan completa. A pesar de toda esta información, creo que falta mucho avance para que personas con pequeñas discapacidades visuales por ejemplo puedan estar integradas completamente en las aulas ordinarias, y no en colegios aparte,sintiéndose en muchos casos diferentes al resto,o sin las mismas oportunidades... Esperemos que en poco tiempo se invierta más en la búsqueda de herramientas como las que desarrolló Facebook. Muy buena entrada,un saludo!