Que é a tecnoloxía?

conversa

Comentando cos meus coñecidos o plan de traballo da asignatura pola cal nos incluimos nesta rede social, fun consciente de que as opinións que os mesmos tiñan sobre a tecnoloxía eran dispares en función dos intereses que tiñan acerca da mesma e da idade de cada un.

Este foi o motivo polo cal se me presentou a idea de crea  r un grupo de WhatsApp no que os mesmos deran o seu punto de vista sobre o termo resaltado anteriormente, finalizando a conversa cunha conclusión alusiva a cada un dos matices que fora dando cada un de nós.

Comezo coa conclusión da conversación mantida, invitándovos a coñecer o devir da mesma se continuades lendo o presente post: A tecnoloxia é o conxunto de coñecementos, tecnicas, recursos e tamén a innovación en diferentes ámbitos. Non debe ser solo aplicable a aquelo que nos é relativamente novo. Senón a todo o que ser humano é capaz de dominar. Por exemplo, no seu dia o lume supuxo unha tecnoloxia. O dominio do bisturí en medicina é unha tecnoloxia.

Antes da concreción do proceso, invítovos a comentar tamén que considerades que está a fallar, para que a sociedade non sexa consciente da definición dun fenómeno tan habitual nos nosos días.

A finalidade da miña tarefa radicaba na comprobación da deriva conceptual que posuiamos cada un en torno a unha mesma realidade, a miúdo coincidente coa equiparación da tecnoloxía a recursos e medios simplemente. As ideas fundamentales da conversa foron:

- Presentación da finalidade do grupo e fundamentación da creación do mesmpo, abrindo paso á discusión principal do mesmo coa pregunta de que é para cada un a tecnoloxía.

O primeiro intervinte foi un rapaz de quince anos, estudante de Educación Secundaria Obrigatoria; quen a equiparou ó progreso de cara un mundo mellor e máis cómodo. A esta idea contestou un arquitecto de 38 anos comentou de seguido que a comodidade non necesariamente levaba á mellora. Asimesmo, un enxeñeiro de 23 anos, dixo ó anterior que de pouco serve o progreso se entidades como as farmacéuticas pactan que innovacións sacar á luz. Este mesmo, argumentou que para el, a tecnoloxía era “algo necesario, pero que se non o sabemos controlar podemos chegar a ter moitos problemas, como a man de obra, ou a proliferación de enfermedades como o incremento de exposición a fenómenos que incrementan a posibilidade de padecer un cancro”.

O terceiro contacto en manifestar a súa opinión foi un estudante de psicoloxía de 21 anos, que dixo que a consideraba “unha ferramenta que utilizada correctamente mellora o mundo e facilita campos como a comunicación e a medicina”.

Un estudante de TAFAZ (Técnico superior en actividades físico-deportivas): “Eu creo que a tecnoloxía é o avance cara un mundo novo, tanto na informática como noutros campos, sabendo utilizala ben para fins lúdicos, para poder axudar a simplificar a vida e para axudar ós demais”

Unha albanel de 40 anos, explicou a tecnoloxía como “algo necesario que nos pode axudar moito na vida, sempre que sexa ben utilizada. Por suposto o ideal, é que non caia en malas mans, senón podería ser moi destructiva tamén”.

Un enxeñeiro industrial de 43 anos di que para el a tecnoloxía é un parque, dado que se corresponde coa temática e o lugar fundamental do seu espazo de traballo.

Un enxeñeiro informático de 25 anos, presentou que “a tecnoloxía é o conxunto de coñecementos obtidos a través da investigación de hardware e software aplicados co fin de mellorar algúns servizos en ámbitos como a telecomunicación, o automobilismo, industria…emerxendo a mayoría deles de investigacións militares, como é o caso da Internet”.

Esta mesma persoa remata a súa interveción preguntando se dariamos vivido sen a tecnoloxía, polo que a fase definitoria da conversa, pasa máis a un segundo plano deixando que se fixera máis importante o factor social e de impacto das anteriores. Esta pregunta foi complementada con outra referente ó control do ser humano sobre a tecnoloxía ou viceversa, ante o que concluimos de forma unánime que se nos “vai das mans” o control que poidamos ter sobre as novas tecnoloxías a día de hoxe.

A conclusión dun estudante de Educación Social de 22 anos, deu peche a esta etapa da conversa, alegando que “No mundo no que actualmente vivimos, a tecnoloxia convertiuse nun dos factores máis relevantes, en canto o seu uso en empresas como no seu uso particular en fogares e persoas. Moita xente que usa as novas tecnoloxías so pensa en internet e usar redes sociais, pero realmente non emprega todas as ferramentas que realmente nos aportan nin na proxección social que as tecnoloxías buscan proporcionarnos. A tecnoloxía influiu de moitas formas no contexto humano e provocou un cambio drástico no mesmo, logrou superar algúns percances que conlevan á realidade e así ensinar adiantos incribles á sociedade en común. A tecnoloxía a dia de hoxe podese aplicar en todo o que facemos, axudando e facilitsndo o noso día a día, desenrolando novas capacidades e, a súa vez, novas solucións para os nosos problemas.En definitiva, non digo que sexan malas, pero creo que estamos sobreusandoas, pois non sabemos acudir a un bar con alguen e non estarmos co movil en vez de atender a persoa coa que estamos ou simplemente estamos máis pemdemtes dun me gusta do Facebook que de atender os nosos pais cando nos falan. Vivimos baixo as tecnoloxías, por e para elas e perdendo o tempo mirando para pantallas e deixando de disfrutar o que nos rodea”.

Comentarios

  • Alberto Villaverde

    La verdad es que resulta interesante leer diferentes visiones de un mismo concepto desde campos tan dispares como la ingeniería informática y la educación social. De todos modos podemos observar como parece que cada uno de ellos "barre para casa" y resuelve el concepto que tiene de tecnología de modo que pueda ser aprovechado para su desempeño profesional o campo de investigación, que por otra parte es muy lógico. Por algo nosotros estudiamos "Tecnología Educativa". 

    En definitiva, buen post!