Liberdade de expresión na rede

A invención de Internet permitiu intercambiar tanto información como opinións con persoas de calquera recuncho do planeta.

Anque isto da libre comunicación por unha banda, pode chegar a verse como unha auténtica vantaxe, posto que nos permiten ter diversas opinións e informacións; por outro lado a determinados sectores sociais non lles interesa; por exemplo, existen Estados que censuran dun modo ou outro os contidos que prexudican o seu interese, existen gobernos que poden chegar a castigar a aqueles que expresan opinións contrarias ao “interese nacional” ou ao “politicamente correcto”.  Poden chegar a silenciar e esconder moitas ideas. Mentres a liberdade de expresión e o dereito a información, recollido no artigo 19 da declaración dos DDHH, quedan reducidos a unha mera anécdota en canto a Internet se refire.

Os atentados terroristas en EEUU no ano 2001 foi un punto de inflexión en canto a liberdade de expresión na rede. Posto que dende ese suceso tratouse de controlar o medio, e non só nos países con réximes autoritarios, senón tamén nos países occidentais, os cales defenden a liberdade de expresión, pero por outra banda isto queda en evidencia cando se pretende exercer algún tipo de control sobre a rede desde o marco lexislativo como consecuencia do medo que xera un medio incontrolable. Desde xeito, a censura, practicada na rede adquire unha dobre vertente; a explícita, que é aquela levaba a cabo por réximes autoritarios, é a implícita que fai referencia aquela que é practicada por estados democráticos. A única diferencia entre unha e outra é que a última é máis mal intencionada ca censura explícita, posto que se realiza un seguimento sen que os cidadáns sexan conscientes dela, a cal se suele xustificar como un medio para protexer a infancia de contidos inapropiados ou de control parental e de loita contra información ilícita ou xenófoba. O resultado é a elaboración de leis restritivas que atentan contra o dereito da liberdade de expresión das persoas.

Os métodos de censura na rede son múltiple e variados; non réximes autoritarios apostase pola prohibición total do acceso a rede, como por exemplo Corea do Norte; outro tipo de censura e que o acceso a internet estea limitado só aquelas persoas de confianza do goberno, como fai Cuba; a monitorización sería un nivel inferior aos comentados anteriormente, posto que si que se permite o acceso a internet, pero os cidadáns encóntranse vixiados en todo momento por unha brigada policial encargada de monitorizalos, este tipo de censura levase a cabo en países como Rusia, Singapur, China etc.

Outro dos métodos sería o filtro de contidos e o bloqueo de determinadas webs, estas fan referencia as categorías menos restritivas. Dito método consiste en obrigar aos provedores do servicio de Internet do pais a establecer filtros nos seus servidores co fin de bloquear as paxinas indesexables.

Ademais nas redes sociais como poden ser Facebook, Twitter etc. tamén se leva a cabo censura de contidos , posto que cando aos administradores destas páxinas lles parece que o contido publicado e ofensivo, anque realmente non o sexa poden chegar a eliminalo.

En resumo, podemos dicir que na rede podemos ter acceso a moita información e realizar opinións pero sempre estaremos controlados, e cando esta non sexa acorde co “politicamente correcto” a nosa opinión pode chegar a esvaecerse; en definitiva, a liberdade de expresión na rede é limitada.

Rubio, Moraga. A.L. Censura en la Red: Restricciones a la libertad de expresión en Internet. Universidad SEK de Segovia. Recuperado de: http://pendientedemigracion.ucm.es/info/hcs/angel/articulos/censuraeninternet.pdf

Fecha de consulta 27/03/2016

Pareces, A. La frontera entre liberdad de expresión y la censura en Internet. N-economia. Recuperado de; http://n-economia.com/notas_alerta/pdf/ALERTA_NE_02-2007.PDF

Fecha de consulta 27/03/2016

La libertad de expresión en Internet, un combate imprescindible. (2014). Recuperado de https://www.derechosdigitales.org/7103/la-libertad-de-expresion-en-internet-un-combate-imprescindible/

Fecha de consulta: 27/03/2016

Comentarios

  • Alberto Villaverde

    Muy interesante post, en mi opinión Internet debe ser un lugar para la libertad donde cada uno pueda compartir lo que buenamente quiera. Había leído sobre el control que tienen los gobiernos aliados con algunas marcas de móviles para controlar a los consumidores (prácticamente todo el mundo), poniendo la excusa de que era para prevenir atentados terrotistas aunque al parecer nunca ayudó para saber nada al respecto.