Proxecto Abalar

Hoxe gustaríame falarvos dun proxecto da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria o cal busca a integración das TIC na educación galega e nos centros de ensino e, cuxo obxectivo principal, é  modernizar os  centros educativos tradicionais creando uns espazos mais modernos. Con isto intentase que se reduza o fracaso escolar, mellorar a ensinanza e modernizar o sistema educativo galego e formar tanto a alumnos como profesores nestas materias.

O equipamento deste proxecto conta dun portátil para cada alumno, un encerado dixital interactivo, un proxector e un portátil para cada profesor e armarios de carga para os portátiles.

Dende o meu punto de vista con información e opinións a maiores de coñecidos e incluso de algún profesor/a, a idea deste proxecto é positiva pero falta moita formación previa cara os docentes, o que fai que os recursos non se aproveiten da forma axeitada e  que o mantemento dos equipos, non sempre é o axeitado. Tamén se presentan problemas relacionados coa utilización dos ordenadores para usos equívocos.

Estes proxectos que van xurdindo co paso do tempo e que son cada vez máis numerosos, son un gran paso en canto á educación tecnolóxica nas escolas e institutos. A formación con este tipo de proxectos non só axuda a mellorar ou aprender a utilizar certos dispositivos/ferramentas, se non que tamén abre paso a un gran mundo, quizá descoñecido en idades temperás.

Bibliografía:

Xunta de Galicia, (s.f.). Información do Proxecto Abalar. Recuperado de: https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/es/espazo/proxecto-abalar/introducion