Google e buscadores booleanos

Na clase interactiva de onte, 29 de marzo, a profesora invitounos a facer unha busca en internet e logo fomos comentando a cantidade de buscas que nos apareceron a cada un, sendo unhas cantidades enormes. Por que moitas veces só buscamos na primeira páxina de resultados que inclúe 10 webs? As outras son menos importantes? Por que non empregamos buscadores booleanos? Por que buscamos polo xeral en Google? Estas preguntas leváronme a pensar na gran capacidade dos buscadores e nas facilidades que viñeron da súa man.

Persoalmente, quixen indagar algo máis sobre o tema dos buscadores automáticos, concretamente de google que é o máis empregado actualmente e o máis coñecido. Os buscadores automáticos foron unha gran revolución que veu a facilitarnos as buscas que anteriormente podíannos levar ata horas en libros e agora, nun segundo, obtemos a resposta que queremos.

Por outra banda, a non utilización de buscadores booleanos, ás veces lévanos a non atopar a información exacta que precisamos e, non me refiro a unha simple definición, se non a algo máis, información para un traballo, lectura de certos textos, etc. Moita xente non sabe da existencia de tales buscadores e, por iso, non acotan as súas buscas ao menos número posible e ca información máis precisa. O curso pasado, tivemos unha materia na que lle dedicamos un tema aos buscadores booleanos, dende esa, fago uso destes buscadores sempre que me sexa preciso e, recoñezo que grazas a eles atopo informacións máis facilmente.

As oportunidades que nos achegan os buscadores son enormes e, moitas veces, non nos damos de conta de que con todo o que traballamos a diario e que nos aporta tantas facilidades se trata da tecnoloxía.

Cada día que pasa, decátome de que sen a tecnoloxía, practicamente nada sería posible, algo do que fai un mes non era consciente.

Comentarios

  • Azahara Gonzalez Lopez

    Totalmente de acuerdo contigo, pues a veces buscamos información sin conocer exactamente la manera de buscarla para que sea más precisa y fiable. Ayer en la interactiva también me di cuenta lo sencillo que resulta la búsqueda utilizando los busquedores booleanos, pues como bien dices tu, la búsqueda se reducía bastante, puediendo escoger exactamente ell contenido que nos interesaba buscar.

    Pero la respuesta a tu pregunta de ¿Porque no los usamos? creo que se reduce a algo muy sencillo, desconocimiento del uso de los mismos o simplemente por costumbre de buscar de la misma modo siempre.