Todo é comunicación? Todo é información?

As redes sociais revolucionaron a forma de comunicarse. Dende a forma de escribir, poder falar con calquera persoa a calquer hora do día,  a distancia… É unha comunicación instantánea e dinámica, con feedbacks continuos e sen ruidos dentro do diálogo. Pero, na miña opinión, falta algo moi importante coñecido como comunicación non verbal. Os xestos, a mirada, o ton de voz etc  son o contexto da información que queremos transmitir. Por iso, a comunicación dixital non debe substituir a comunicación personal, clásica.

Se na comunicación cara a cara hai mal entendidos, e malas interpretacións como por exemplo:

interpretacion.png

Imaxinaisvos nas redes sociais? Eu podo subir unha imaxe cunha intención pero a interpretación desta dependerá dos ollos de quen a mire. O mesmo pasa coa gran cantidade de información colgada en Internet, por iso deberíamos ter máis coñecemento sobre  ferramentas que nos permitan realizar unha xestión eficaz da mesma. Isto plantea novos retos!

Neste sentido, as redes sociais son espazos educativos porque facilitan estar informado ao momento do que pasa no mundo. E podes seleccionar o tipo de información que deseas recibir. Pero non nos podemos esquecer que a información ven acompañada de anuncios e de mensaxes subliminares. E que tipo de anuncios? Un tema moi interesante…que pronto reflexionarei sobre el.

Como futuros pedagogos debemos saber que riscos conleva comuniacarse a través destas redes. Por un lado, que os rapaces relacionen a súa autoestima en función dos nº de seguidores ou dos “me gusta” que reciben. Tamén sufrir enganos, non se pode creer toda a información que nos din, debemos contrastala. Por outro lado, a adición a estar enganchados ao móvil ou ao ordenador alonxándonos das persoas que temos cerca. Considero que unha boa forma para concienciar é mediante charlas preventivas, visualizando e reflexionando sobre exemplos reais de situacións ocurridas.

Vós que opinades?

Webgrafía:

http://aprendiendoconmicho.weebly.com/vintildeetas-malentendidos-en-la-comunicacioacuten.html

http://elpais.com/elpais/2014/12/19/eps/1419013223_225275.html

Comentarios

  • Maria Saco Cuartero

    Hola Alba! Considero moi importante o teu post, xa que estou de acordo que a comunicación non verbal é imprescindible. Vexo ben poder comunicarse de forma instantánea e con calquera persoa, pero as mensaxes poden ser interpretadas mal levando a problemas non necesarios. En canto ás redes sociais, creo que todos os adolescentes "loitan" para conseguir superar ó amigo, tanto en me gustas como en seguidores, chegando a convertirse nunha competeción de "popularidade". O uso dos teléfonos móviles en todo momento, leva a non conseguir unha conversación normal con unha persoa. 

    Considero de gran relevancia unha concienciación sobre estes temas que están cambiando a sociedade, da forma máis eficaz posible.