Necesitamos todo o que cremos que necesitamos?

Ola a todos/as!

Todos sabemos que a tecnoloxía nestes últimos anos brindounos medios de comunicación que nos proporcionan rapidez e instantaniedade, o certo e que estamos máis comunicados que hai dez ou vinte anos, pero estar mellor comunicados; significa que nos comunicamos mellor que antes?

Fagamos un pequeno percorrido histórico. No ano 1876 Alexandre Graham Bell patentaba o teléfeno, isto era, un dispositivo que era capaz de transmitir a voz dun lugar a outro eléctricamente. Dende entón estes dispositivos non deixaron de evolucionar ao longo dos anos. A invención do teléfono tivo unha gran repercusión para a sociedade de aquel entón e como todas as tecnoloxías novidosas tivo os seus alabadores e tamén os seus detractores sendo os segundos menos numerosos que os primeiros. O certo é que este invento revolucionou o mundo e as comunicacións xa que poñía ao alcance do ser humando falar con aquelas persoas que non estaban preto de nós ou cas que non tiñamos a opción de comunicarnos. Aínda que claro está que nun principio o teléfono só estaba ao alcance dun sector privilexiado da sociedade.

Pouco a pouco entramos na segunda metade do século XX e o teléfono deixou de ser o privilexio duns poucos para convertirse nun medio de comunicación a disposición de calquera, mellorando a vida da clase media e fomentando as comunicacións dos que non se atopaban preto.

Chegou o ano 1973 e Motorola crea o primeiro teléfono móvil o cal pesaba un kilo e tiña unha batería que non duraba moito máis de 20 minutos, aínda que se o pensades ben de seguro que tedes teléfonos cuxas baterías duran menos. Pouco a pouco as compañías de telefonías móviles foron creando diversos modelos e para finais dos anos 90, en España  xa casi todos dispoñían dun dispositivo móvil. Por que? Pois porque nos ofrecía moitas comodidades, por se tiñamos unha emerxencia, por se nos pasaba "calquera cousa" pois sempre podias chamar... Pero o negocio da telefonía móvil foi como as Pringles "Cuando hizo pop, ya no hubo stop"

Pasado un tempo chegaron os móviles con xogos e todo o mundo necesitaba un porque, quen non iba necesitar xogar no propio móvil cando tiña algún tempo morto? ; e chegaron os móviles a color, e necesitábase un móvil a color porque, quen non iba necesitar ver a pantalla a colorines?; e chegaron as camaras aos móviles, e necesitábamos móviles con cámara, porque claro que tiñamos cámaras, pero tela no móvil era diferente; e chegaron os politonos e a música ao móvil, e necesitábamos un movil que reproducise música mp3 aínda que xa tiveras un mp3; e chegaron os móviles con videochamadas e comprámolos aínda que poucas fixemos ao longo da vida, pero quen non iba necesitar un móvil que fixera videochamadas?; e chegou internet ao móvil, e necesitábamos internet no movil (e tarifas de contrato) porque claro que tiñamos un ordenador pero no móvil tiña o seu aquel (e dixemos adios ao noso saldo); e chegaron os smartphones, e todos necesitábamos smartphones, porque aínda que xa tiñamos sms e chamadas e todo o demáis, non tiñamos whatsapp (instantaniedade) e non ibas ser o/a único/a tonto/a que quedase sen falar cos demáis por non ter un smartphone. 

E vós diredes, a que ven todo este percorrido? Non vos destes conta? Realmente cando o teléfono se inventou o ser humano só tiña unha necesidade. Chamar. Comunicarnos con aquel co que non podíamos falar normalmente, con aquel que estaba lonxe. Lonxe. Pouco a pouco fixéronnos crer que tiñamos necesidades que realmente non tiñamos, nin temos realmente. Non fai falta ir ao século XIX, os nosos propios pais creceron e pasaron a súa xuventudenon sen dispositivos smartphones con mensaxería instantánea. Sen embargo se nós estamos un dia sen estas tecnoloxías sentímonos illados e ata nos da certo medo quedar con alguén e non levar o móvil con nós (non vaia ser que non poida vir, que cheguemos tarde e non poidamos avisar) sen percatarnos que os nosos propios pais tamén quedaban cos seus amigos e eran capaces de facelo sen móvil, asi a lo loco. E cando chegaban a un bar a tomar algo falaban entre eles!! Si si, ainda que non o poidades crer non estaban ca mirada fixa nunha pantalla cada certo tempo.

En definitiva só quero demostrar que somos escravos de cousas que non necesitamos realmente, só permitimos que alaguén nos fixera crer que si as necesitamos. Pasamos o noso día a día pegados a unha pantalla sen saber que nese momento estámonos perdendo cousas importantes que poden estar pasando ao noso redor.

Rematar cunha frase que me chamou a atención, curiosamente de Graham Bell. Para reflexionar.

                                                image

Esta frase pode ser unha perfecta metáfora de moitas cousas.

___________________________________________________________________________________________

Referencias Bibliográficas: