Novas formas de comunicación

A raíz da clase expositiva do martes vinte e nove de marzo e como complementación da miña anterior entrada gustaríame compartir con vós esta outra, facendo referencia as novas formas de comunicación.

Na pasada clase expositiva estivemos falando de como cambiou a nosa forma de comunicarnos en comparación coa xeración dos nosos pais e de como nos preparamos para a gran cantidade de novas formas de comunicación que están a surxir.  Nos últimos anos a comunicación deu un gran avance instaurándose unha sociedade de “todo comunicación”, na cal a principal forma de comunicarse é a través das redes sociais e de certas aplicacións. Estas novas formas de comunicación fannos en certo punto máis fácil a tarefa de comunicarnos; sendo máis doado dicir certas cousas que cara a cara resultan complicadas ao non ter a esa persoa  diante, compartir imaxes, audios e vídeos; ou falar a vez con múltiples receptores. Aínda que tamén a poden complicar, xa que a mensaxe pode ser malinterpretada; o non ver a persoa fisicamente fai posible que esta non sexa ela; o visto de moitas aplicacións é moitas veces motivo de discusións e enfados, etc.; converténdose nalgo que controla en certo modo as nosas vidas.

Unha das preguntas que se nos plantexaron na clase é de como nos preparamos para comunicarnos a través delas e a resposta que demos a maioría foi por simple práctica, adaptándonos. Polo que coido que en moitos casos se da un uso inadecuado destas aplicacións, converténdose nunha ferramenta de acoso, control; creando dependencia, etc. E non usándose para o seu verdadeiro fin comunicativo. Compartindo e comunicando cos demais aspectos privados da vida, sen percatarnos que o que se sube a rede deixa de ser noso para sempre. 

Comentarios

  • Maria Saco Cuartero

    Hola Lara! Estoy de acordo co que plasmas no teu post. Actualmente ímonos adaptando ás novas actualizacións que van xurdindo das redes sociales, pero non recibimos unha aprendizaxe previa sobre o seu funcionamente; aínda que nalgúns casos sería necesario para facer un bo uso das mesmas. A comunicación actual é, principalmente, dixital, aínda que eu penso que a comunicación non verbal é esencial para unha boa comprensión dunha mensaxe.

  • Rocio Dominguez

    Ola Lara!

    Estou de acordo é curioso observar  como pouco a pouco nos fomos adpatando ás novas tecnoloxías sen que ninguén nos explicase como se usan. Non houbo ningún tipo de proceso de preparación para utilizar un dispositivo smarphone por exemplo.

    Tamén é ineteresante o que comentas de que cara a cara non temos o mesmo valor para dicir certas cousas como detrás dunha pantalla, deberiamos de cambiar este tipo de aspectos.