Por que temos a necesidade de demostrar que somos felices?

Ola a todos/as!

Na clase expositiva do pasado 29 de marzo estivemos falando acerca de como cambiou a comunicación ao longo dos anos, de como nos comunicamos agora e do que mostramos de nós nas redes sociais. Este tema paréceme moi interesante.

En xeral todos nós intentamos mostrar ao resto do mundo a parte de nós que máis nos gusta. Desde que chegaron as redes sociais non basta con sair cos amigos, ir a cenar fora, pasalo ben ou ser feliz; hai que demostralo. A quen? Pois ao resto de xente, xente ca que tal vez non te cruces en todo o día pero necesita saber o feliz que eres. Polo tanto é real esta imaxe que damos de nós mesmos? sinceramente penso que non.

Cando só mostramos aos demais a parte boa e o que queremos que vexan,  estamos ocultando outra boa parte de nós que non está saíndo a luz e que só coñecen o que nos rodean (o cal, é lóxico) o que xa non é tan lóxico e que pensemos que facebook ou instagram poden dicirnos como é alguén. Unha foto tarda en sacarse dous ou tres segundos, non sabemos o que pasou xusto antes nin xusto despois desa foto pero só unha imaxe é capaz de dicirnos que unha persoa é feliz. Sen embargo, eses dous ou tres segundos que tarda en tomarse unha foto non son representativos do día dunha persoa. Aínda asi é importante deixar constancia do ben que o pasamos, dos sitios tan bos aos que imos, do ben que cociñamos e do guapos que somos distorsionando a veces a nosa propia imaxe con filtros e demáis.

Non penso que esté mal compartir imaxes de algúns aspectos da nosa vida nunha rede social, o que vexo máis erróneo e que nos obsesionemos por crear un persoaxe nas redes que non se asemelle a nós e que mida os seus éxitos a través dos "me gusta". Debemos recordar que aqueles aos que conocemos saben como somos realmente, fagamos o que fagamos nas redes, e os que non nos conocen, vailles dar igual se somos felices ou non. Co cal utilicemos as redes para beneficiarnos das facilidades que nos ofrecen e non para aparentar ser o que non somos.

Deixovos un vídeo chamado ''What´s on your mind?" moi relacionado co que vos acabo de falar, acerca da falsa imaxe das redes.

 

____________________________________________________________________________________________

Referencias Bibliográficas:

 

Comentarios

  • Ana Belén

    Boas Rocío! Estou completamente de acordo contigo, sobre todo no último párrafo. Creo que a maioría de nos (eu sei que algunha vez tamén o fixen)  estamos obsesionados con likes que teñamos ou o que vai pensar a xente de nos cando publicamos algo nunha rede social. Na miña opinión, esta mentalidade foina crenado pouco a pouco a sociedade en conxunto; na actualidade existen apps só para conseguir máis seguidores en redes como Instagram, malia que non coñezas de nada a esas persoas.