Cómo evolucionaron as miñas ferramentas de consulta e búsqueda de información?

             Cómo xa sabeis, os que seguides as miñas entradas, sempre intento reflexionar persoalmente os temas que saen en clase, ben a través do dicionario que elaborei ou a través de historias propias. Así dase o aprendizaxe significativo, é decir, relacionando a información nova coa que xa teño, modificando e reconstruíndo ambas informacións. Deste modo vou describir a transformación dos meus mecanismos de búsqueda e recollida de información.

             En Eduación Primaria consultaba enciclopedias (Vox, Consultor Universal del estudiante, Cultural S.A) e diccionarios. Deste modo, buscaba neles as palabras descoñecidas ou temas e senon aparecía intentaba cambialas por sinónimos. No caso de que os sinónimos tampouco aparecesen preguntáballe a meus pais e se a resposta me parecía fiable pois aceptaba.

            Posteriormente, cando entrei na ESO instalei mediante CD a enciclopedia Encarta, a cal unha compañeira xa fixo referencia nunha entrada. Esta estaba distribuída por varios temas e dentro deles había unha gran cantidade de conceptos e imaxes.

De seguido comezou o fenómeno de Internet. Na miña casa tardamos moito tempo en poder conectarnos, así pois ía a Cibers ou a algunha casa das miñas amigas onde gozasen de internet. Lémbrome que sacábamos toda a información das páxinas Wikipedia e do Ricón do vago mediante o “copia e pega”.

           En bacharelato unha novidade a destacar foi a plataforma Moodle a través da cal algúns mestres subían temas e exercicios. En canto os traballos realizados decíannos que tiñamos que poñer as páxinas webs de onde sacábamos a información pero nada máis. Foi ao chegar a Universidade cando adquirin a competencia dixital é decir, o uso creativo, crítico e seguro das tecnoloxías da información e comunicación. Isto supón o coñecemento e acceso a fontes fiables, o procesamento da información e o coñecemento dos dereitos e as liberdades das persoas no mundo dixital.

Neste sentido a materia Documentación e información educativa serviume de gran axuda. Con ela aprendin a citar e referenciar coas normas APA, a buscar en internet cos operadores lóxicos ou Booleanos (or, not, and), reflexionar sobre a propiedade intelectual..

Dalgunha forma con esta materia tamén estamos repasando todos estes coñecementos e reforzando a adquisición da competencia dixital, xa que implica a participación e o traballo colaborativo, así como a motivación e a curiosidade polo aprendizaxe e a mellora no uso das tecnoloxías.

Hoxe en día, coa LOMCE a competencia dixital encóntrase entre as competencias clave a desenvolver no currículo en Primaria, ESO e Bacharelato. Paréceme moi interesante xa que considero que é unha necesidade nesta era dixital ou da información.

Este ano con esta materia, a través desta rede social estou vivindo e experimentando un novo sistema de aprendizaxe. A verdade é que nunca asociara  "rede social" e "espazo educativo", pero si que se producen aprendizaxes xa que, neste caso, todos aprendemos de todos mediante a creación de entradas con temas relacionados coa Tecnoloxía Educativa. Compartimos, reflexionamos, criticamos, observamos, participamos, analizamos etc. Estámonos formandónos entre todos e para todos.

Un tema no que non estou moi actualizada, e me chaman a atención, son os metabucadores é decir buscador de buscadores. Unha ferramenta que realiza rastreos por diferentes bases de datos proporcionando unha combinación dos mellores resultados, filtrando así a gran cantidade de información existente en Internet. Por exemplo:

  • Marcadores sociais como Diigo, Delicious ou Mr. Wong, os cales colecionan enlaces web que podemos disponer de maneira individual ou colectiva.
  • As ferramentas RSS utilízanse para subscribirse ás actulizacións de sitios webs (períodicos online, blogs). Por exemplo: google reader.
  • Agregadores por contido son ferramentas que facilitan combinar información que nos resulta relevante en torno a un tópico ou tema de interese persoal ou colectivo. Por exemplo, Scoop.it axuda a crear tópicos onde vamos incluíndo información do noso interese de maneira pública e aberta a todos os que poden estar interesados.

Dende hoxe están incorporados no meu  día a dia para axilizar  e filtrar as miñas búsquedas! 

Gustaríame saber cal é a vosa historia, agárdoa.

Referencias Bibliográficas:

Aquí vos deixo un artigo moi bo sobre a curación de contidos no cal indaguei sobre os metabucadores:

Benito, B., Darder, A., Lizana, A., Marín, V., Moreno, J., Salinas, J. (2013). Agregración, filtrado y curación para la actualización docente. Revista de Medios y Educación, 42, pp.157-169

Currículo en Primaria, ESO y Bachillerato. Competencias clave. LOMCE. Recuperado de: http://www.mecd.gob.es/educacion-mecd/mc/lomce/el-curriculo/curriculo-primaria-eso-bachillerato/competencias-clave/digital.html

Comentarios

  • Jennifer

    Hola Alba! Cuando yo estaba en primaria tambien buscaba información en las Enciclopedias VOX que tenía (y tengo) en mi casa, o en libros de colecciones que tenía mi padre hace muchos años sobre, por ejemplo, minerales. Estas colecciones sacaban una serie de números todas las semanas, y cada semana trataba de un mineral diferente, con una ficha donde explicaban cosas de ese mineral y una muestra real del mismo, que mi padre guardaba en una vitrina. Gracias a ellas aprendí mucho durante toda mi infancia y gracias a esta que he mencionado, adquirí gusto por los minerales. 

    En primero de la ESO seguí ese método, pero a partir de segundo mis padres compraron un ordenador de sobremesa y lo pusieron en mi habitación. Así me pasaba horas buscando información en la encarta mandaran o no mandaran trabajos los profesores, Además recuerdo que internet iba muy lento y casi se me hacía imposible buscar información que no fuera de estas enciclopedias o colecciones o la encarta. Durante toda la ESO utilicé sobre todo esto, pues no me mandaban muchos trabajos para casa...En bachiller también usé muy poco internet por las mismas razones, a excepción de la materia de Historia en la que nos mandaban buscar definiciones y las encontraba en wikipedia.

    Yo aprendí a buscar información en la Universidad y gracias a materias como documentación e información educativa supe usar las normas APA y a buscar en bases de datos fiables, Para mi ha sido dificil, pues el buscar información en la red no es algo a lo que estaba habituada.