Campus Virtual

Ola compañeiras e compañeiros:

Hoxe quería falarvos dunha ferramenta moi empregada polos universitarios da USC e, polo tanto, que todos nós coñecemos: o Campus Virtual.

Esta é definida pola propia Universidade de Santiago de Compostela como: "A ferramenta que da soporte aos procesos de ensinanza-aprendizaxe desenvolvidos na Universidade de Santiago de Compostela. A plataforma institucional, baseada en Moodle, proporciona un entorno educativo virtual coas ferramentas necesarias para lograr unha boa integración na docencia e favorecer o proceso de aprendizaxe.”

Esta é unha das ferramentas que máis empregamos os estudantes. Mediante esta, entregamos traballos, comunicámonos e descargamos os apuntes que son subidos polos profesores (non só apuntes, moitas veces suben as notas ou outro tipo de documentos do noso interese).

Grazas a esta plataforma evitámonos andar cargados con libros e dispoñemos da gran comodidade de ter os apuntes en formato pdf no ordenador para imprimilos ou non cando nos desexemos. Para informarnos de calquera incidencia cas clases outra cousa calquera, tamén se usa esta plataforma, o que nos aporta a comodidade de non ter que ir ata a Facultade para decatarnos de ditas informacións.

Por todo isto, esta é outra das tantas aportación que nos achega o mundo tecnolóxico educativo para a comodidade de todo estudante e docente.

Bibliografía: 

Universidade de Santiago de Compostela. Centro de Tecnoloxías para a aprendizaxe: Campus Virtual da USC. Recuperado de: http://www.usc.es/gl/servizos/ceta/tecnoloxias/campus-virtual.html