A COMUNICACIÓN

Por ...

Tras o traballado nas últimas clases de Tecnoloxía Educativa, déixovos abaixo o enlace a un documento moi interesante sobre os cambios dos roles nos usuarios das tecnoloxías da información e comunicación así como un novo concepto xurdido: a rede telemática. Este refírese ao medio ou tecido que soporta a estas tecnoloxías. As tecnoloxías terían dous espazos de aplicación: o da informática, que sería o ámbito individual(cando unha persoa trata información e coñecemento) e o mencionado anteriormente “telemática”, que sería a interacción dun individuo con outro.

É moi interesante o apartado de “La Interactividad y el Rol de los Usuarios” xa que nos ofrece unha visión de como está cambiando o paradigma da comunicación, de como os receptores pasaron a ser tamén emisores, como un emisor pode dirixirse a varios receptores, pero tamén se cuestiona si realmente esta interactividade realmente se está levando a cabo ou porén, continúase utilizando os novos medios como os tradicionais: mediante o fluxo unidireccional de información, chegando a constatar que, por exemplo, no ámbito académico se ofrece unha baixa oferta de información por parte das institucións sendo estas últimas unhas grandes produtoras de coñecemento.

Se indagamos máis na lectura observaremos como toda teoría, neste caso a teoría da comunicación, xorde por cambios na sociedade e, ao mesmo tempo, esta teoría producirá novos cambios na comunidade. A perspectiva da teoría crítica da comunicación vai traer consigo un novo proceso de trato e tamén traerá novos problemas: o custo dos equipamentos, a diferenza de conexións entre países céntricos e limítrofes, as tarifas...

En fin, déixovos aquí o enlace http://paginasyboletines.com/curriculo/planetapaz/comunicacion/digital/documentos/uso_internet.pdf  por si vos parece interesante o tema.

Un saúdo compañeir@s!