Fenda dixital

A fenda dixital poderiamos definila como a separación que existe entre as persoas (comunidades, estados, países...) que utilizan as tecnoloxías da información e comunicación como unha parte rutineira da súa vida, e aquelas que non teñen acceso ás mesmas (acceso a internet, a un computador...) ou que aínda que as teñan, descoñecen como utilizalas. Pode dicirse por tanto que a fenda dixital é un signo claro de desigualdade de posibilidades, que non ten só que ver con aspectos de carácter tecnolóxico, senón cunha combinación de factores socioeconómicos en xeral, e limitacións e falta de infraestruturas en particular.

Desde outras fontes, fálase da existencia de diferentes fendas dixitais, que están digamos orientadas cara un factor en concreto, é dicir, fálase de fendas de acceso, fendas de habilidades no manexo (de uso), e fendas de calidade dese uso. Non veñen senón, a completar doutro xeito a definición anteriormente exposta,  xa que como dicía, dentro da fenda dixital inclúense as diferenzas entre as persoas que teñen as tecnoloxías da información e a comunicación como parte da súa vida diaria, ás persoas que ou non teñen acceso, ou este acceso atópase limitado por outros factores como o descoñecemento do seu uso. As fendas de acceso falarían da posibilidade de utilizar estas tecnoloxías, do acceso ás mesmas; as fendas farían referencia aos coñecementos para saber utilizalas; e as fendas de calidade de uso á utilidade e partido que se lle sacan a estas tecnoloxías en función do usuario que as utiliza.

O estudo e análise da fenda dixital debe conducir á definición de estratexias que contribúan a reducila. O obxectivo é conseguir unha redución sostida e que a medio prazo contribúa ao desenvolvemento integral dunha rexión,é dicir, non só incluír os elementos de acceso, senón tamén as aplicacións que a sociedade en cuestión, requira e adopte en función da súa contorna. Se non se fai así, a redución da fenda dixital só contribuirá marxinalmente ao desenvolvemento integral sustentable. A redución da fenda dixital tería un gran impacto no desenvolvemento humano a condición de que se asegure a súa continuidade e sustentabilidade.

Hoxe en día a fenda dixital vaise facendo cada ve máis pequena, ainda que segue habendo moitos lugares nos que esta se nota moito máis que noutros. Por exemplo no rural galego (onde eu vivo) a conexión a internet fai moi poucos anos a penas chegaba e hoxe en día chega pero non coa calidade das cidades ou outros pobos máis grandes e mellor abastecidos. Na miña aldea, e na provincia de Pontevedra en concreto fai uns anos que comezou un proxecto de internet rural. O proxecto "Repoblar" que pretende facer chegar o servicio de internet a todos os pequenos pobos da provincia. Ainda que por propia experiencia inda que contamos co servizo este non é comparable ao servizo que ofrecen as grandes compañías.