O meu entorno persoal de aprendizaxe

Boas tardes a tod@s, nesta entrada gustaríame falarvos do que é un PLE, de symbaloo e do conectivismo.

Primeiramente vou comezar definindo o que se entende por PLE. Un PLE ou entorno persoal de aprendizaxe  é un conxunto de ferramentas, servizos e conexións que empregamos para alcanzar novas competencias e aprendizaxes. O PLE fai posible dirixir e xestionar o propio proceso  de aprendizaxe, a través destas ferramentas, fontes de información, conexións e actividades posibilitase levar a cabo unha aprendizaxe de forma asidua; conectando información de diversas fontes e compartindo dita información cos outros usuarios, dándose deste xeito unha retroalimentación (Adel y Castañeda, 2013).Algunha das funcións do PLE, como sinala Jordie Adell (recollido en cosas de educación), poden ser: buscar e acceder a información, xestionar a información, crear e editar contidos e conectarse con outros.

Falar de PLE implica falar de PLN ou rede persoal de aprendizaxe; facendo referencia ao entorno social para aprender o cal abarca as ferramentas, os procesos mentais e as actividades que permiten compartir, reflexionar, discutir e reconstruír con outros coñecementos e enriquecer o nosos propios a través destas experiencias.  (Adel y Castañeda, 2013). A través do PLN cada persoa pode contribuír co seu coñecemento, compartindo cos demais os seus recursos, para que así se poida dar un enriquecemento mutuo en todos os PLE.

Deste xeito os PLE conforman un cambio na aprendizaxe tradicional, centrándose agora nunha aprendizaxe autónoma por parte do individuo, controlando e xestionando el mesmo o seu propio aprendizaxe e comunicándose con outros neste proceso . Por iso ao falar de PLE é necesario facer mención do conectivismo, considerado este como unha teoría da aprendizaxe para a era dixital. Segundo este, a aprendizaxe é un proceso que ocorre no interior dunha ampla gama de ambientes que non están exactamente baixo o control do individuo, o que conleva a que o coñecemento poida residir fora do ser humano (nunha base de datos por exemplo) e este enfocado a conexión de conxuntos de información especializada, o que fai posible a aumentar o noso actual coñecemento (Siemens, 2004)

Desta forma o individuo vai aumentando e perfeccionando o seu coñecemento a través doutras fontes dixitais e da conexións con outras persoas ; actualizando e adquirindo continuamente nova información. Polo que tamén é algo clave saber seleccionar correctamente esa información. Algúns dos principios no que se sustenta o conectivismo según Siemens, 2004, son:

  • A aprendizaxe e o coñecemento dependen da diversidade de opinións.
  • A aprendizaxe é un proceso de conectar fontes de información especializados.
  • O máis importante é a capacidade de aumentar o coñecemento.
  • A aprendizaxe pode residir en dispositivos non humanos.
  • É necesario nutrir e manter as conexións para facilitar unha aprendizaxe continua.
  • Unha habilidade clave é a de ver conexións entre áreas, ideas e conceptos.
  • A información actualizada e precisa é intención de todas as actividades conectivistas da aprendizaxe.
  • A toma de decisións é un proceso de aprendizaxe.

Aquí vos deixo este vídeo, no que se explica un pouco o dito anteriormente e o que é o conductivismo como unh ferramenta para a aprendizaxe:

Por último para reafirmar o visto anteriormente, vouvos presentar unha captura do meu PLE en Symbaloo, actividade que se nos encomendou na clase interactiva do 29 de marzo. Nela pódense ver as webs que máis uso agrupadas en bloques segundo a súa función. Persoalmente é un ferramenta que non coñecía e que me parece moi útil xa que podemos ter diferentes webs agrupadas e gardadas como nun escritorio virtual, ao cal podemos acceder a través de calquera ordenador, tablet ou móbil simplemente entrando en symbaloo. Ademais de que podemos compartir as nosas webmixes cos demais usuarios e buscar webmixes de interese para nós nun determinado tema. 

 

Referencias: