A SEGURIDADE EN INTERNET

Por Annabel

 

 

Na pasada clase expositiva de Tecnoloxía Educativa tivemos un amplo debate sobre a seguridade nas redes sociais e sobre si realmente existía o anonimato nas mesmas. Moitas compañeiras defenderon que unha das cousas que son características da forma na que nos expresamos nas redes, e a liberdade coa que o facemos, é o anonimato que nos proporcionan. Con todo ata que punto é iso certo? Coñecemos as repercusións que teñen os nosos actos en internet aínda cando actuamos baixo un pseudónimo?


Segundo Salmerón Ruiz (2015), os principais riscos que existen con respecto á protección de datos en internet, sobre todo en adolescentes son:


- A sensación de que o que publicamos en internet non ten repercusións na nosa vida real, que é algo completamente distinto e que os datos que publicamos nese espazo non son de importancia.


- O descoñecemento de ata que nivel calquera persoa pode ter acceso á nosa privacidade a través de internet e de como a perda desa privacidade pode repercutir na nosa vida.


- A aceptación de cláusulas que ceden ás redes sociais dereitos plenos sobre o contido que se publique nas mesmas.


Si nos detemos a pensar un pouco, moitas das persoas que utilizamos as redes sociais nalgún momento esquecemos estas cuestións, aceptámolas e non reflexionamos en como poden repercutir nas nosas vidas.


Imaxinádesvos o que pode supoñer que xente á que non coñecedes de nada saiba os lugares polos que vos movedes a xente coa que saídes, as vosas aficións, rutinas, horarios, lugares de traballo..?


Nunca se nos ocorrería darlle toda esa información a calquera descoñecido que nos atopásemos camiñando pola rúa, con todo internet é ese espazo onde parece que nada ten repercusión, onde nos expoñemos en bandexa sen pararnos a pensar ata que punto os datos que amosamos poden ter consecuencias negativas para nós.

Deixovos cun vídeo que amosa moi ben ata que punto a nosa privacidade vese comprometida nas redes sociais.