• Blogs
  • Annabel
  • Rexistro do proceso de búsqueda de información

Rexistro do proceso de búsqueda de información

Durante a clase interactiva na que traballamos a procura de información debiamos realizar procuras de temas concretos. No meu caso comecei introducindo as palabras "Tecnoloxía Educativa" no buscador de Google Académico, co que apareceron unha inmensa cantidade de páxinas, máis concretamente 780.000.


Realmente o número de páxinas que atopaba nunha procura nunca foi un tema que me preocupase, sinxelamente limitábame a ver as dez ou vinte primeiras páxinas e seleccionar de entre esas as primeiras que se axustasen ao que necesitaba. Nunca me parei a pensar na cantidade de información que podía estar perdendo por non realizar as procuras concretas, iso sorprendeume, sobre todo tendo en conta que una das cousas que pensaba que se me daban ben era buscar información na rede...Vese que non o era tanto.


Intentei especificar un pouco máis os térmos da miña procura e introducín as palabras "Tecnoloxía Educativa Cárcere España PDF" intentando delimitar a procura a textos recentes do 2015 en diante. Malia haberse reducido o número de resultados en 81 algunhas das páxinas que me aparecían trataban cuestións sobre a escola, así que decidín incluír o termo "-Escola" e logrei atopar 15 resultados que traballaban a información que eu quería tratar.


Aprender a utilizar ferramentas como os operadores booleanos e a establecer palabras crave para realizar as procuras aforroume tempo, esforzo, e mellorou a calidade dos resultados que podo atopar á hora de traballar. É curioso que aprendendo unhas sinxelas técnicas podamos facer do coñecemento algo máis manexable e realista, sobre todo nun medio no cal a información é tan densa e difícil de controlar. Agora mesmo son moito máis consciente do mal que manexaba e selecionaba a información, facendo as cousas por inercia e sen decatarme de que realmente non era nada eficiente.

Hai moito que mellorar!