Qué implicacións teñen os medios dixitais na nosa vida cotiá? E nos nenos/as?

Lendo o xornal La Vanguardia atopei unha noticia moi interesante. Aquí vos informo coa miña reflexión:

enquisa.png

O Foro Económico Mundial realizou unha  enquisa, en varios países a 5.000 usuarios, sobre as implicacións dos medios dixitais na era hiperconectada. Obsevando a gráfica pódese observar que unha gran maioría consideran que o uso destes mellorou a súa calidade de vida, en especial no ámbito profesional. Pero no ámbito persoal a percepción sobre os efectos da vida dixital non é a mesma.Un porcentaxe superior ao 10% dos enquisados cree que resulta perxudicial para a súa saúde física e mental, aumentando o estrés, perdendo a memoria a longo plazo e a capacidade de concentración e incluso lle dificulta encontrar parella.

Persoalmente considero que os medios dixitais revolucionaron a forma de comunicación principalmente, e o acceso á información. Daquí o termo de sociedade da información (SI) é decir, unha sociedade na que a creación, distribución, difusión, uso e manipulación da información se fai a través das tecnoloxías da información e comunicación (TIC), tendo un gran impacto na actividade económica, política e cultural.

Nesta noticia tamén  se aborda un tema que tanto me preocupa como futura pedagoga, e xa que xa me preguntei noutras entradas. Sobre cantas horas ao día poden pasar os nenos/as ante unha pantalla?

Segundo os expertos da Asociación Americana de Pediatría din que ata os dous anos ningún neno/a debería estar en contacto cos dispositivos dixitais. Entón para os maiores desta idade, cantas horas é o recomendable? Eles asconsellan un tempo non superior as dúas horas diarias.

Así pois, paréceme moi importante a idade de inicio de toma de contacto coas tecnoloxías, así como cumplir o horario recomendable. Xa sei algo máis! 

Deste modo é necesario unha dieta tecnolóxica equilibrada. Por exemplo, é importante que os nenos/as estean convencidos de que o exceso de tempo de pantalla ten consecuencias negativas. Desta maneira, débese facer un trato con eles, pactando o nº de minutos/hora de tempo ao día. Pero con condicións: nada de tablets na mesa á hora de comer nin xusto antes de ir a dormir. Neste sentido, o exemplo comeza por un mesmo, así que o acordo debe ser mutuo e os pais tampouco consultarán o seu móvil neses períodos.

¿Cuánto tiempo pueden pasar los niños ante una pantalla? Recuperado de:

http://www.lavanguardia.com/vida/20160329/40734387012/cuanto-tiempo-ninos-ante-pantalla.html (03/04/2016)