Conversación allea

Hoxe quería compartir con vós parte dunha conversación que escoitei este fin de semana na que un dos membros dicía: “non vale a pena mercar tecnoloxías, ao pouco tempo, deixan de selo e tes que mercar outro aparello novo”. Que conclusións sacades vós desta frase?

Eu, particularmente, sorpréndeme e, ao mesmo tempo comparto parte desa opinión. Vale a pena mercar tecnoloxías? Eu considero que por suposto que vale a pena pero, tamén é certo que non están ao alcance de todos e, polo tanto, hai xente que non se pode permitir actualizarse tecnoloxicamente falando. Moita xente aforra para, un día determinado, comprarse un móbil de última xeración e recén saído do mercado que, un ano despois, xa se queda algo atrás e hai móbiles moito mellores.

Sorprendeume que esta persoa ten a mesma imaxe da tecnoloxía que tiña eu hai uns meses, antes de comezar con esta materia, a idea de que as cousas que foron nun pasado un gran avance para a tecnoloxía agora non o son cando en realidade o seguen sendo. Creo que a maior parte da poboación ten esta idea equívoca da tecnoloxía.

Non pensara ata este momento os pasos tremendamente xigantes da tecnoloxía. Hoxe en día, cada ano hai novas cousas, novos avances, etc. Chegará o día no que esteamos dominados pola tecnoloxía? Ou xa o estamos? Si miramos ao noso redor todo é ou se complementa da tecnoloxía, polo tanto sen ela, creo que non poderíamos avanzar, quedaríanse un montón de cousas atrás e estaríamos estancados sempre nos mesmo. Por isto, considero que vivimos nun mundo ao que podemos considerar actualmente como tecnolóxico.