Qué tipo de fotos selecionamos como foto de perfil nas redes socias? Qué di sobre nós?

“A identidade dixital é o que somos para outros na rede, ou mellor dito, o que a rede di que somos aos demais.”

Esta frase chamoume a atención na clase expositiva de creación de contidos. As fotos do noso perfil  non son fotos aleatorias, se non  escollidas exquisitamente. Así pois, apoiándome na información de Amaya Terrón (psicóloga e experta nas redes sociais) vou describir que personalides se ven a través das fotos de perfil, xa que estas revelan gran información desde o plano psicolóxico.

Por exemplo as fotos de perfil nas que as persoas mostran o seu rostro únicamente, sonrindo e sen Photoshop,  soen dar a imaxe de alguén seguro de si mesmo, sen medos á crítica.

Non obstante, as persoas que mostran o seu rostro parcialmente, xirado, mirando a outro sitio, son persoas que inconscientemente expresan:  “quiero que sepas quien soy, pero si de verdad estas interesado te costará porque mi interés está en otro sitio”. Neste sentido non necesitan darse a coñecer nin afán de protagonismo.

Por outro lado, as persoas que se tapan dalgunha maneira (máscaras de carnval ou outro obxecto) non se senten seguras dalgunha parte do seu ser e intentan que as perciban só polo que mostran.

As persoas que selecionan fotos retocadas, artísticas ou montaxes en blanco e negro queren transmitir a imaxe que perciben de sí mesmas, sentindo gran influencia pola opinión dos demais.

En canto as persoas que escollen personaxes ficticios ou ben non queren desvelar a súa propia identidade ou se deixan levar fácilmente pola opinión doutros.

Quenes mostran unha imaxe de cando eran nenos ou bebés son persoas nostálxicas, con morriña  daquela  época.

Aquelas que selecionan fotos de mascotas son perosa con gran orgullo pro mostrar o efecto e cariño cara os animais.

As fotos de perfil con frases ou opinións significa que esas persoas queren que predominen os seus valores como persoa máis que a súa imaxe: “No te fijes en mi por lo que soy, sino por lo que pienso”.

E hai máis tipos de fotos…se non vos identificades con estes exemplos que escribín, deixóvos a páxina web aquí: http://www.teinteresa.es/tecno/dice-foto-perfil_0_852514991.html

No meu caso, en Facebook  teño de perfil unha foto miña nun paisaxe e isto, supostamente, pode interpretarse que non son nada egocéntrica e que me quero asociar a paisaxes idílicos para adoptar a súa beleza. A verdade é que sempre elixo fotos onde o fondo destaque así pode ter razón!

Vós que fotos tedes de perfil? Qué di de vosoutros? Identificaisvos coas interpretracións desta psicóloga?

Comentarios

  • María

    Ola Alba:

    Paréceme moi interesante a túa entrada xa que non era coñecedora destes datos. En canto a estes estudos eu estou dacordo con eles pero como todo, ten que haber a excepción que confirme a regra e, polo tanto, non creo que todo o mundo se sinta reflexado no que di este texto.

    Particularmente, eu sempre adoito poñer fotos miñas e, centrándome na foto do facebook ou twitter, identifícome co primeiro dato que das que na web que citas pon o seguinte: "As fotos de perfil nas que as persoas mostran o seu rostro únicamente, sen retoques, centrados e sorrindo adoitan dar a imaxe de alguén que se mostra tal cual é, seguro de sí mesmo, sen medos á crítica, con necesidade de expresar o seu eu real, quizais con certo egocentrismo, aínda que ao fin e ao cabo trátase do seu perfil". E si, pode ser que no meu caso coincida, considérome unha persoa segura de min mesma e sen medo á crítica.

    Por todo isto, eu non son a excepción que confirma a regra :)

    Un saúdo.