Symbaloo

Ola de novo! Hoxe toca comparitr con todos vós o meu Symbaloo. Esta é unha ferramenta que, persoalmente, descubrin este martes na clase interactiva da materia, xa que antes era descoñecedora de tan útil ferramenta.

Symbaloo foi creada en Holanda no ano 2007, e chegou para facernos máis cómoda a navegación por internet. Consiste en ordear e agrupar en bloques todas aquelas páxinas ás que accedemos con frecuencia para facelo dunha maneira máis fácil e sinxela.

Este tipo de ferramentas fan que naveguemos con máis comodidade e rapidez, xa que nos levan exactamente con un só click a aquela páxina á que queríamos acceder.

Eu xa fixen de Symbaloo a miña páxina de inicio, e vós? Déixovos a continuación unha captura de pantalla do meu Symbaloo persoal.

Symbaloo.jpg