Obxectividade da Información

Durante a sesión de clase desta semana tratouse o tema da imparcialidade das informacións que se publican na rede, e puidemos ver que unha mesma noticia se era vista nunha fonte informativa ou noutra, a opinión que nos puideramos crear sobre a mesma podería cambiar considerablemente.

Todos queremos e esiximos que a información a que temos acceso sexa obxectiva, é dicir, que o autor que redacta a noticia ou acontecemento non mostre o seu posicionamento a hora de transmitir a información, pero iso realmente é unha utopía. Porque normalmente cando se selecciona un acontecemento que merece ser coñecido pola opinión pública, este xa foi avaliado dunha ou doutra maneira, posto que xa se considerou que é relevante para a mesma, e desa forma xa se están establecendo criterios subxectivos que son máis ou menos compartidos.

Os medios de comunicación teñen unha gran influencia na masa social, xa que o modo de transmitir a información pode ter unha ou outra reacción na sociedade. Cando estes son pluralistas deben axudar a sustentar o sistema democrático e a crear lazos sociais, pero pola contra cando perden esta pluralidade tenden a ser disfuncionais.

Por unha parte os medios de comunicación están inmersos nunha gran paradoxa; posto que por unha banda exercen a función de servizo público, do cal depende o bo funcionamento do sistema democrático; e por outra, estes están xestionados por empresas con ánimo de lucro que se atopan inmersas na economía de mercado na que teñen que competir con outras para poder sobrevivir. Por esta razón, en moitos casos estes afástanse de cumprir a labor de formar a opinión pública na pluralidade, xa que nalgúns casos a mellor información non é a que máis vende, e noutros casos por presións empresariais exercidas a través da publicidade.

Polo tanto, podemos dicir que a obxectividade non é máis que unha interpretación que se xera cando se accede a unha información que concorda co noso punto de vista desa realidade; un claro exemplo disto mostrase cos lectores dos xornais nacionais, como ben é coñecido os simpatizantes ao Partido Popular len información de medios como La Razón, El Mundo etc. E os máis identificados ca Esquerda len información do diario “El País”, “eldiario.es” etc, isto é debido precisamente ao comentado anteriormente, cada persoa adhírese as informacións que lle son máis afíns.

Por unha banda, canto máis ampla é unha información ou noticia máis posibilidades ten de ofrecer  máis puntos de vista e polo tanto ten a capacidade de atraer unha cantidade máis numerosa de lectores, en cambio cando máis breve e concisa sexa, menos puntos de vista poderá ofrecer e deberá conformarse con atraer aos lectores que compartan o mesmo posicionamento.

Como á obxectividade da información é imposible, debemos recoñecer o carácter ideolóxico das noticias e a natureza política dos medios de comunicación, de tal xeito garántese a pluralidade e a diversidade política que non ten que recaer nun único medio, senón en cada un deles como se fose un conxunto.

Tanto a diversidade como a pluralidade política aseguraríase ca existencia de medios de comunicación con ideoloxías diferenciadas. Pero por desgracia, tanto as minorías sociais como  políticas non están representadas polos medios posto que iso vai en contra do obxectivo de obter máis beneficios. Anque no referente as minorías políticas en España, dun tempo a esta parte estes si que teñen máis presencia nos medios, anque existen outros medios que tentan desprestixialos con informacións que non son verídicas.

Para rematar, podemos dicir que toda a información a que accedemos está influenciada dunha ou doutra forma, por iso debemos establecer mecanismos para seleccionala e ser capaces de quedarnos co eixo central das informacións.

Koster, Rausell. C.(2003). La objetividad de la información puesta en cuestión.Congreso Internacional de Ética y Dececho a la Información. Recuperado de: https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=2538077

Fecha de consulta:07/04/16

 

Lecaros, J.M.(2003). Veracidad y Objetividad: desafios éticos en la sociedad de la información. Congreso Internacional de Ética y Derecho a la Información.pp:57-80. Recuperado de: https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=2537995

Fecha de consulta: 07/04/16