Identidade e Reputación Dixital

Co avance das tecnoloxías en xeral e das redes sociais en particular, houbo dous conceptos que comezaron a crecer de xeito exponencial, tanto a identidade como a reputación dixital son moi importantes, xa que hoxe en día a valoración que se poida facer pode influír considerablemente en distintos ámbitos da vida dos individuos; por exemplo, na actualidade a hora de buscar emprego, existen corporacións que antes de contactar cos candidatos para a súa contratación, realizan un barrido da rede para tentaren descubrir características dos aspirantes ao posto, e así xa realizan a primeira criba antes aínda de coñecelo persoalmente.

Polo tanto, debemos ser coidadosos con todo o que ten que ver ca nosa reputación e identidade dixital; a primeira constrúese en base o esforzo e dedicación durante moito tempo, a cal se pode arruinar con gran facilidade e velocidade; a segunda, constrúese definindo o que, como e onde se vai a comunicar en internet, coñecendo e empregando as diferentes ferramentas dispoñibles(Exemplo: Twitter, Linkedin,WordPress,Youtube etc.), para de tal xeito ir cimentando a nosa presencia pouco a pouco.

Tempo atrás internet era un espazo ao que dedicabamos un tempo limitado da nosa vida, posto que as nosas relacións non saian do mundo físico; pero pouco a pouco isto foi mudando, xa que a rede foi gañando protagonismo nas nosas vidas, e o tempo que lle dedicamos creceu considerablemente. Isto provocou que pasaramos dun tempo no que a rede empregabámola para buscar información ou ver noticias, ata chegar ao punto que se atopa na actualidade, que se emprega tanto para buscar información como para traballar, ou tamén empregamos para establecer contacto con amigos e familiares.

Na actualidade, co avance das novas tecnoloxías en xeral e  expansión das redes sociais en particular, tanto a identidade como a reputación dixital teñen gran influencia na nosa identidade e reputación xeral, por iso debemos ser coidadosos do que facemos e dicimos na rede xa que xa non é algo residual como se podería considerar tempo atrás, senón que nos inflúe directamente.

As reglas que xeran a identidade e reputación dixital non son as mesmas que se empregan no mundo físico; xa que a diferencia co mundo real, toda información publicada na rede permanece permanentemente, ademais de que pode ser difundida a unha maior velocidade que no mundo físico. Por exemplo, calquera contido publicado nunha páxina aberta da rede pode ser localizado, copiado e enlazado polos motores de búsqueda como pode ser Google, Yahoo, Bing etc. polo que o acceso a dita información e relativamente rápido. O que fai máis difícil poder ocultar información.

En ocasións, a nosa reputación dixital volvese máis  veraz, máis anclada na realidade pero pola contra presenta máis dificultade ao individuo poder moldeala o seu gusto, posto que se existen informacións negativas sobre el na rede estas van estar presentes e as cales van influenciar en gran medida tanto na súa identidade como na súa reputación dixital e en consecuencia tamén a na reputación e identidade real.

Tamén existen casos nos que a identidade dixital dista moito da real, simplemente porque existen persoas que tratan de mostrar unicamente o mellor de si mesmos, mediatizados por aspectos de carácter sociolóxico, cultural é incluso psicolóxicos. Nestes casos o suxeito unicamente presenta ante os demais a impresión que desexa proxectar.

Dun ou doutro xeito, concorde ou non a nosa identidade e reputación dixital ca real, esta ten gran influencia, polo tanto todos e cada un dos membros que estamos activos nas redes, debemos dedicar esforzos para construír a nosa propia identidade dixital, sendo moi coidadosos con todo aquilo que comentamos, publicamos etc. Se non o facemos cada un de nós, a nosa reputación dixital virá determinada exclusivamente sobre os que os outros opinen dun, co tendencioso que iso pode chegar a ser.

Alonso, J. Identidad digital y reputación online. Cuadernos de Comunicación Evoca. Recuperado de: http://www.evocaimagen.com/cuadernos/cuadernos5.pdf Fecha de consulta: 10/04/16

Giones, Valls. A., Serrat, Brustenga. M.(2010. La gestión de la idendidad digital: una nueva habilidad informacional y digital.BID. (24). Recuperado de: http://bid.ub.edu/24/pdf/giones2.pdf Fecha de Consulta: 10/04/16

Millán Fernández, E., Medrano Garcia, M.L.& Blanco Jiménez, F.J. Identidad y Reputación Digital. Recuperado de: http://www.ae-ic.org/malaga2010/upload/ok/304.pdf Fecha de Consulta: 10/04/16