Entorno Persoal de Aprendizaxe (PLE)

O aumento continuo de información na nosa sociedade fai necesario unha xestión eficaz da mesma, xa que pode chegar a xerar ansiedade ao usuario por non sentirse en condicións de atopar o que busca e de procesar toda a información que lle chega.Tamén, dende o ámbito profesional se percibe a necesidade dunha actualización permanente. Pero, persoalmente o que falla son os filtros para selecionar información. Deste modo é moi importante ter unha formación no acceso e tratamento da información. 

Neste contexto xurde o Entorno Persoal de aprendizaxe (PLE) como unha solución para as persoas que utilizan a tecnoloxía para o desenvolvemento do seu aprendizaxe e para afrontar as novas formas de coñecemento que se están xerando no ámbito educativo.

Dende a perspectiva pedagóxica, enténdese un PLE como un cambio na metodoloxía educativa que promove o autoaprendizaxe por medio da utilización de recursos web. É un sistema centrado na figura do estudiante que permite tomar o control do seu propio proceso de aprendizaxe, fixando os seus propios obxectivos, xestionando a súa actividade e comunicándose con outros.   (Cabero, Marín, e Infante  2011)

Así pois, é imprescindible incorporar ferramentas e estratexias de selección, filtrado e curación da información, que axuden a xestionar, organizar e compartir o contido relevante, co obxectivo de enriquecer o propio proceso de aprendizaxe autónomo ao longo de toda a vida. 

A qué me refiro con filtrado, agregación e curación?

  • O filtrado fai unha criba de información segundo a súa relación cun tema e contexto determinados, axudando a encontrar a información máis valiosa, de forma que o tempo que se empregue para ler, escoitar ou ver sexa nos documentos máis interesantes e relevantes.
  • A agregación é a recopilación e presentación de información sobre un mesmo tema e contextos determinados que previamente se filtrou.
  • A curación ou curación de contidos enténdese como un concepto máis amplo que comprendería tamén os procesos de filtrado e agregación. Neste sentido, o curador é unha persoa que continuamente encontra, agrupa, organiza e comparte o mellor e máis relevante contido sobre un tema específico en línea. Básase no método das 4S: Search (Buscar), Select (Selecionar), Sense    Making (Sello persoal) e por último Share (Compartir).

Co obxectivo de incorporar  as diversas ferramentas que facilitan a tarefa de curar un gran volume de información segundo os interses persoais e/ou profesionais,  na seguinte entrada presentareivos o meu mapa de aprendizaxe que elaborei, tamén,  para clarificarme conceptualmente. Espero que tamén vos axude a vosoutros para que non nos pase isto: 

b8b314a0061be993a945cb2bed3d0f00.jpg

Comentarios

  • Ariana

    Hola Alba ¡¡ Muy interesante la diferenciación de conceptos como filtrado, curación de contenidos y agregación, tan normalmente confundidos, al menos en mi caso. Además me parecen fundamentales a la hora de realizar nuestras búsquedas para trabajos e investigaciones, y así filtrar correctamente los contenidos.

  • Jennifer

    Estou completamente de acordo con Ariana, pois non atopaba diferenzas entre a agregación e a curación de contidos. Penso que é unha boa maneira de xestionar, seleccionar e obter información válida, valiosa e fiable non só para os traballos da carreira, senón para o noso futuro, e sobre todo para as persoas que se dedican á investigación.