Érase una princesa a la que no tenía que rescatar un príncipe

"Érase una princesa a la que no tenía que rescatar un príncipe" recuperado de: http://www.eldiario.es/sociedad/Libros-infantiles-esucar-perspectiva-genero_0_500100183.html el 11/04/2016

Navegando pola rede como seguramente facemos todos despois de comer nese pequeno intre no cal toca a dura elección entre sesta ou estudos (non mintades, todos a temos) atopei esta noticia que chamou moito a miña atención posto que trata un tema moi actual na nosa sociedade: "machismo".

Nesta noticia dásenos a coñecer uns contos infantís, como os que nos leimos ou nos leeron de pequenos, contos de princesas e príncipes que marcaron a nosa infancia e en maior ou menos medida o resto das nosas vidas. Soamente toca dicir que estes non son os mesmos contos clásicos aos que estamos acostumados. Si, aquí tamén hai príncipes e princesas, pero nin eles son príncipes azuis, nin elas princesas en apuros. Son libros, na miña opinión, que son recursos co-educativos marabillosos para afrontar o probema da "sociedade machista" na que vivimos.

Nestes libros as princesas non teñen que vivir anhelando ao seu principe azul que a rescate, nin teñen por que ter o típico final de "fueron felices y comieron perdices", nestes libros as princesas son valentes, teñen pensamento propio e non precisan de ninguén que as defenda. Na miña opinión estas serían as princesas as cales eu de pequena querería idolatrar, e non as que me tocou no seu tempo.  

Qué opinades ao respecto? 

Comentarios

  • Lara Bello Rey

    Ola!

    Encántame esta idea de recompilar os contos infantís tradicionais que todos temos lido, para crear outros nos que a figura da muller non sexa a de quedar na casa facendo as tarefas domésticas e esperando polo desexado “príncipe azul”. Estes contos deberían estar en todos os colexios para romper cos moldes que se foron inculcando a través do tempo, xa que os contos coma por exemplo os xogos, inflúen na creación da personalidade e identidade das persoas nos seus primeiros anos de vida. Por este motivo, débese prestar máis atención na televisión e nos contos que os nenos consomen na súa vida diaria.