Contribuíndo á Galipedia

Boa tarde ;-)

Aquí estou para falar un pouco da miña primeira experiencia coma creador e curador de contidos na Galipedia. Ata o de agora, nin tan sequera utilizaba  a versión galega de Wikipedia, xa que a maior parte das veces na que uso a información que contén esta gran enciclopedia, fágoo tras unha búsqueda simple en Google, posto que a entrada de Wikipedia soe ser unha das mellor colocadas.

A miña única experiencia como creador de contidos en Wikipedia foi nunha materia cursada hai uns anos, Cibercultura e Redes Sociais, na cal entre moitas das prácticas realizadas, inventáramos un termo inexistente para a Wikipedia ao cal tratamos de dar a maior validez posible referenciando, citando e conversando na propia entrada. A finalidade, non era outra que medir ata onde chegaba a fiabilidade da propia enciclopedia en canto á curación, a veracidade e ao filtro en relación aos contidos que calquera persoa podía subir á mesma. O termo durou uns 5 ou 6 días en rede.

Nembargante, esta experiencia foi totalmente distinta, xa que a finalidade era poñer en práctica o visto con anterioridade na aula. É dicir, unha práctica que nos permitiu poñer en práctica a teoría e as ferramentas vistas. Pasar a acción.

Do mesmo xeito, ademais de mellorar as nosas competencias nese sentido, puidemos coñecer de primeira man o sistema de funcionamento da Galipedia. Sen lugar a dúbidas, unha ferramenta a ter en conta no futuro non só con funcionalidade consultiva, senón tamén con obxectivos educativos. O funcionamento interno da enciclopedia, derivado do debate e conversas de cada entrada, o contraste de ideas e pensamentos, a busca da consulta e referencia máis neutra posible, fan desta enciclopedia un contexto educativo moi interesante para traballar competencias clave para alumnos e profesionais. Ocórrenseme ideas e posibles materias nas que esta web daría moito xogo!

 

Aquí vos deixa dúas capturas e o enderezo web da miña achega á entrada “Competencias básicas” onde completei a pouca información que existía nas competencias da LOMCE, as cales tan só aparecían nomeadas.

https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Competencias_b%C3%A1sicas&diff=3863489&oldid=3857544