Facebook e a discapacidade.

Boas compañeiros, o pasado luns 4 de Abril, Facebook lanzou un novo sistema automático de texto impulsado por intelixencia artificial que describe as fotografías subias a rede social a persoas cegas.

Este sistema, o cal estará dispoñible inicialmente en inglés e para dispositivos iOS de Apple, describe por exemplo a un usuario cego de Facebook que un amigo seu compartiu unha imaxe na cal se poden ver árboles e o ceo, outra na que hai unha pizza e unha terceira na que duas persoas están sorrindo e levan postas gafas de sol.

Esta iniciativa, foi levada a cabo por Matt King, un inxenieiro cego que traballa para a rede social e que quere facilitar o acceso a Facebook a persoas discapacitadas como él. King, dedica gran parte da súa vida laboral e adaptar softwares para persoas con discapacidades e alegou na presentación deste avance que pretendía loitar por un acceso igualitario á información.

Pareceume unha noticia de bastante interese porque eu, persoalmente, nunca me parara a pensar das desventaxas que ten esta rede social e todas as demáis para o disfrute de persoas con este tipo de discapacidade. Para nos, entrar a mirar o famoso “muro”, é un acto normal e cotidiano nas nosas vidas, pero para as persoas con discapacidade é un feito segregacional de apartalos do mundo das redes social, tan utilizado actualmente.

A incorporación das TIC permite novas formas de acceder, xerar e transmitir información e coñecementos, á vez que produce transformacións cuxo impacto afecta a todos os sectores da sociedade.

Dentro do ámbito educativo, estas invencións tecnolóxicas mellorarían a calidade de vida de alumnos/as con NEE, facendo que ideas e coñecementos poidan ser compartidas e realizados en común por toda a sociedade, sin exclusión.

Para isto, a competencia dixital incluída nos espazos educaticos polos programas de aprendizaxe 2.0 ou docencia 1.0, entre outros, deberían contemplar a inclusión das Necesidades Especiais como usuarios deste tipo de recursos. Ao non facelo, seguen ampliando a brecha dixital, facendo que se segregen os procesos de aprendizaxe entre alumnos/as que poden acceder a estes programas con facilidade, e aqueles os que necesitan medios adaptados para facelo.

As novas tecnoloxías teñen unha tarefa pendente dentro da sociedade, a chamada brecha dixital, que repercute día a día nas persoas que non saben ou non poden utilizar os medios dixitais como os demáis.


Bibliografía:

Esteve, F. (2009). Bolonia y las TIC: de la docencia 1.0 al aprendizaje 2.0. La cuestión universitaria, 5, 59-68

González Pérez, J. (2013). La tecnología actual en nuestra sociedad. Tribuna. Recuperado de http://www.tribunasalamanca.com/noticias/la-tecnologia-actual-en-nuestra-sociedad/1369849795

Martínez, F y Prendes, M. P. (2004). Nuevas tecnologías y educación. Madrid España: Editorial

 San Francisco. (2016). Facebook lanza un sistema para describir imágenes destinado a personas ciegas. El Mundo. Recuperado desde http://www.elmundo.es/tecnologia/2016/04/05/57036eb4ca4741f0798b45f5.html

 

facebook-imagen-ciego.jpg_973718260.jpg

Fonte: Google Imaxes

 

Comentarios

  • Carlota Rodríguez

    Ola, Sandra!

    Coincido completamente contigo, non me parara a pensar xamais nas desvantaxes das persoas que teñen unha discapacidade, como é estar cego, en relación coas redes sociais, coma Facebook. A verdade é que me parece unha iniciativa realmente interesante e, que sen dúbida, pode aportar beneficios á inclusión.

    Moitas grazas por compartilo con nós. Unha aperta!

  • Fátima Ramírez González

    Muy interesante Sandra. Coincido totalmente con Carlota; espero que evolucione rápido y pueda llegar a todas las personas con esta discapacidad, ya que hoy en día la mayoría de las personas usa Facebook en su vida diaria y para una persona ciega esta iniciativa es un paso más hacia la inclusión.

  • Maria Saco Cuartero

    Hola Sandra! Coincido con Carlota e con Fátima, e por suposto contigo. Tampouco me parei nunca a pensar sobre as desvantaxes que poden presentar as redes sociais ante persoas con algunha discapacidade, e paréceme realmente interesante que aparezcan este tipo de iniciativas. Espero que aparezcan rápido para poder eliminar esas desvantaxes e todos disfrutar das redes sociais.