Wiki

Boas tardes!

Trala clase interactiva de hoxe, 11 de abril, gustaríame profundizar no coñecemento da Wikipedia, sendo o exemplo máis claro que encontro das "wikis", e compartilo con vós. Como ben se explicou na aula, o prefixo "wiki" significa que é un sitio da web, que pode ser editado ou modificado por calquera persoa directamente dende o navegador, co obxectivo de compartir estes contidos, tal e como facemos nos con Stellae.

A wikipedia naceu un 15 de xaneiro de 2001, e foi fundada por Jimbo Wales e Larry Sander e depende da fundación sen ánimo de lucro "Wikimedia Foundation". Pódese dicir que a finalidade última é compartir coñecemento sen ningún tipo de custe, non poñerlle prezo á información xa que ten unha capacidade infinita e é gratuíta. Baseome nisto xa que na pordata da páxina nos encontramos co seguinte lema: "La enciclopedia libre que todos podemos editar". A variedade de idiomas nos que podes ler a Wikipedia (máis de 280), non deixa indiferente á cantidade de artigos publicados (máis de 37 millóns e aumenta diariamente), 1.250.000 en español.

Por outro lado, unha versión da wikipedia é a galipedia (a wikipedia en galego), ésta fundouse en marzo do 2003 e xa conta con 130.000 artigos na lingua galega. Como se pode ver na portada da Galipedia, o obxectivo principal desta é o seguinte "a plena transmisión da sabedoría e o coñecemento sen restricións editoriais nin comerciais".

É certo que non é a enciclopedia máis fiable do mundo e que existen moitos estereotipos e prexuízos cara ela por ser facilmente modificable. Sen embargo, considero que é a enciclomedia máis usada  actualmente, sobre todo polos estudantes, xa que a maior parte dos usuarios desta páxina son menores de 30 anos. A pesar da súa cuestionable fiabilidade, paréceme axeitado que as persoas consulten ésta páxina para buscar ou contrastar información. Posiblemente, un dos motivos polos que ten tantos visitantes, é a gran cantidade de artigos que porporciona, xa que é un almacén de información infinito.

Persoalmente, posicionome a favor desta enciclopedia libre xa que me parece unha ferramenta moi completa e utilizoa a miúdo, invítovos a que compartades a vosa opinión sobre esta páxina.


https://gl.wikipedia.org/wiki/Portada

https://es.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Portada