As miñas pequenas producións

Quero compartir con todos/as vós os videos que elaborei persoalmente, e que por eles me considero productora.

O primeiro deles fíxeno no Instituto, en primeiro de bacharelato. Este consistía nunha representación teatral en inglés onde participamos todos os alumnos/as do meu curso. Foi a miña primeira toma de contacto co programa Movie Maker. Para compartilo creei unha conta en youtube pero este video xa non se atopa nesta rede.

Posteriormente, na materia Políticas Educativas e Dereitos Humanos, impartida no primeiro curso de Pedagoxía, analizamos a propia Declaración Universal dos Dereitos Humanos mediante grupos. Cada grupo tiña que expoñer e explicar seis artigos. No meu caso, tocáronme do artigo 19 ao 24 e para que non fose a típica explicación mediante power point, creei un video, o cal está subido, tamén, en youtube: 

E a miña segunda e última produción en video foi durante a  estadía do practicum, no CEE Infanta Elena, sendo totalmente imprevisto. Como xa tiña experiencia de montar videos, encargueime persoalmente de elaborar un videoclip, denominado “Eu teño a alguén”. Esta actividade estivo relacionada coa celebración do día da Paz,  englobándose dentro do proxecto “Obradoiro de Arte” programado dende o Departamento de Orientación. Escolleuse a canción de María Fumaça, polo contido especial que transmite e porque se trataba dun canción sinxela para a súa representación. Ademais, a orixinal conta con un videoclip substitulado e con linguaxe de signos.  Tamén o subimos ao canle de youtube e a blog do colexio. 

E tivo tanto éxito que saiu no xornal!

xornal.jpg

Tamén unha mestra do colexio se encargou de enviarllo a María Fumaça, a cal publicou na súa páxina de facebook o video, agradecendo o noso cariño. Aquí podedes ver unha captura de pantalla:

facebook.png 

A verdade é que estou moi orgullosa e satisfeita desta actividade xa que me permitiu integrarme completamente no colexio. Todos me felicitaron pola elaboración do videoclip debido a que foi moi laborioso compaxinar as fotos coa canción.

Comentarios

  • Kimberly Navas

    ¡Eres una auténtica productora Alba!

    Es cierto que alguna vez me he planteado realizar algún tipo videos de este tipo, pero a lo más lejos que he llegado ha sido a hacer videos con fotos y algunos clips para felicitar los cumpleaños. Debo confesar que mi grupo de amigas y yo tuvimos una época en la que en cada cumpleaños se le hacía un vídeo a la cumpleañera con el que pretendíamos hacerla llorar, pero de felicidad.

    Aún así, tengo que decir que en el Instituto en el que cursé tanto la ESO como Bachiller, participé en un Lipdub del "obradoiro de música" de la canción de Alejandro de Lady Gaga (en ese momento estaba en auge jajaja)

    ¡Un saludo!

  • Maria Saco Cuartero

    Que boa productora eres Alba! Gustaríame ter a mesma capacidade ca ti en facer vídeos, pero a verdad eque nunca me prantexei elaborar ningún vídeo.

  • Ariana

    Hola Alba¡¡ Ya había visto estos vídeos con anterioridad y son increíbles. En el primero también tuve participación, ya que íbamos en el mismo grupo, aunque la realización del vídeo fue tuya, dada tu experiencia en la elaboración de vídeos. El segundo vídeo me encanta, además me parece una manera adecuada de acercar a los alumnos a temas especiales de una forma divertida y sencilla. Te animo a seguir elaborando producciones tan interesantes como estas. Un saludo ¡¡

  • Alba Neira Pasarín

    Ola chicas :)

    Pois anímovos a todas a experimetar co programa Movie Maker para elaborar videos. A verdade é que é moi simple de utilizar, eso si, debes ter tempo e paciencia par que che saia un bo video! Tamén estou disposta a prestarvos a miña axuda con calquer dúbida!

  • Sofía Veiga

    Hola Alba! Yo también he utilizado este programa de movie maker para realizar vídeos, sobretodo en el concurso de doblaje de películas, ya que es una herramienta eficaz para cortar y añadir escenas y modificar la luz o el contorno. Yo aun lo tengo en mi portátil y suelo usarlo para vídeos o películas familiares, puesto que es fácil y cómodo de usar. 

    Animo a todos a que lo prueben.