FACEBOOK REDE DE REDES

O pasado martes 12, na clase expositiva de Tecnoloxía Educativa estivemos falando sobre a narrativa audiovisual, da importancia de aprender esta linguaxe. Xa en pasadas ocasións estivemos falando da importancia de saber interpretar unha imaxe xa que, hoxe en día, é una das linguaxes que se encontran presentes en todas as escenas e entornas do noso día a día. Pero si ben é certo, os vídeos están cada vez tomando máis partido nas nosas vidas. Así coma antano, por exemplo, nun cumpre anos quitabas una foto para ter de recordo, no presente esta acción é substituída moitas veces pola gravación dun vídeo. Pois a partir do día de hoxe, os vídeos seguramente pasen a ter aínda máis importancia ou van estar de xeito máis recorrente nas nosas vidas.

Isto é así debido á nova declaración de Mark Zuckerberg, o creador de Facebook. Xa se viña anunciando a semana pasada en diferentes publicación, pero no día de hoxe, na conferencia F8, Mark manifestou que grazas á última función de facebook “llamada live” poderase retransmitir vídeotransmisións en directo, en 360º, incluso en apps de terceiros e en produtos físicos como cámaras de acción. Así mesmo, tamén expuxo outras novidades importantes para a tecnoloxía e a comunicación virtual dos usuarios como por exemplo a posibilidade de que en dez anos unha persoa que realice unha compra por internet poida conversar con un asistente virtual impulsado por intelixencia artificial “chatbots”. Tal e como podemos comprobar, Facebook estase a converter pouco a pouco na “rede de redes” ou ben como se cita nun dos artigos das noticias, intenta converterse en Internet.

Tras esta noticia que suporá un novo cambio nas relacións e no devir da sociedade, que beneficios ou danos considerades vos que poderá ter esta innovación?

PD: Recoméndovos que leades as noticias da bibliografía

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS:

¿Cómo devora Facebook al resto de Internet?. (13 de abril de 1026). RT. Recuperado de https://actualidad.rt.com/actualidad/204591-facebook-devorar-resto-internet

Jiménez De Luis, A. ( 7 de abril de 2016). Redes sociales: Facebook live la nueva obsesión de la red social es un vídeo en directo. El Mundo. Recuperado de http://www.elmundo.es/tecnologia/2016/04/06/57056ef4ca4741f4198b467b.html

Jiménez De Luis, A. ( 13 de abril de 2016). Redes sociales: Facebook live la nueva obsesión de la red social es un vídeo en directo. El Mundo. Recuperado de http://www.elmundo.es/tecnologia/2016/04/12/570d570822601d45208b4651.html

Jiménez Cano, R. (13 de abril de 2016). Conferencia F8 de Facebook: vídeo y realidad virtual, lo nuevo de facebook. El País. Recuperado de http://tecnologia.elpais.com/tecnologia/2016/04/12/actualidad/1460440851_282042.html

EFE. (12 de abril de 2016). Facebook abre la puerta a los robots interactivos en su Messenger. La Voz de Galicia. Recuperado de http://www.lavozdegalicia.es/noticia/tecnologia/2016/04/12/facebook-abre-puerta-robots-interactivos-messenger/00031460493809258979682.htm

Comentarios

  • Adán Acevedo García

    Ben pensado...algunhas destas ferramentas xa existen independentemente de que facebook os poña en funcionamento...pero iso da intelixencia artificial xa é demasiado... ainda  que os contestadores automáticos, bots de internet e demáis xa son en gran medida "intelixencia artificial".

    Sen dúbida o tema da contínua conexión ás redes sociáis conleva unha sobreexposición da nosa vida privada, e nalguns casos chega a ser ata unha enfermidade!

  • ...

    Ola Adán, gracias polo teu interese! Parte de razón considero que tes cando mencionas que os contestadores ou Bots xa se poden considerar intelixencia artificial, as tecnoloxías son un grande avance para a sociedade iso si, é necesario saber ata que punto poden ser actitudes sans ou daniñas.