Consumes ou produces?

Ola a todos e a todas!

A semana pasada, na clase expositiva do 5 de abril desta materia preguntáronnos que rol desempeñabamos en internet; é dicir concretar se eramos comsumidores, colaboradores ou produtores.

Entendendo por productores individuos capaces de crear un contido na web, sendo os colaboradores aqueles que o comparten e contribúen a súa difusión e finalmente os consumidores serían aqueles que simplemente usan, disfrutan ou sérvense do contido web.

Aínda que a maioría dos meus compañeiros e compañeiras tiñan clara a idea de que desempeñaban un papel de consumidores/as eu non o vía do mesmo xeito.

Anterior a web 2.0, á expansión de internet e á masificación das redes sociais podemos dicir que a utilización de Internet era moito máis pasiva por parte dos seus usuraios/as. Un grupo reducido de persoas subía contidos a internet. Estes contidos eran agrupados posteriormente en categorías para poder acceder a eles mediante buscadores, co cal a navegación baseábase en termos xerais en clicar nun enlace ou outro e con sorte ver un vídeo de curta duración. Nunha época así resulta sinxelo encasillar aos seus usuarios en consumidores ou productores pero actualmente non me resulta tan simple.

Aínda que todos teñamos algo máis de productores ou de consumidores dependendo da persoa o certo é que todos producimos e consumimos na rede.

Producimos cada vez que publicamos un twit ca nosa opinión, cada vez que publicamos unha entrada no Facebook, cada vez que subimos un vídeo ou unha foto, cada vez que publicamos nun blog...estamos xerando contido que será consumidos por outros.

Consumimos cada vez que lemos unha noticia, escoitamos música, consultamos información , visualizamos un vídeo etc.

En base a isto creo que podemos definirnos como unha xeración de: Prosumidores. Pero que é exactamente un Prosumidor? O termo Prosdumidor ten a súa orixe no ano 1980 cando o escritor Estadounidense Alvin Toffler no seu libro titulado "The Third Wave" funsiona nunha mesma palabra os conceptos "consumidor" e "produtor".  Dito escritor afirmaba que existiría un modelo de sociedade na cal os consumidores involucaríanse de tal modo no produto que chegarían a convertirse nunha parte activa do mesmo. Aínda que o termo Prosumidor pode aplicarse en diversos ámbitos, un modo de velo exemplificado é nas actuais TIC's. 

Gracias a este modelo xa non dependemos tanto de medios convencionais para informarnos senon que nós mesmos podemos exercer como informadores ou compartir a información que nos chega. Temos a capacidade de que nos escoiten e que a nosa opinión teña un difusión e repercusión moito maior agora comparado con anos atrás. Pero todo isto tamén  implica algo pola nosa parte, e ese algo é: Responsabilidade. Responsabilidade acerca dos nosos comentarios, opinións e de non crear falsa información nin contribuir a difundila. Temos a responsabilidade de contrastar mellor as nosas fontes e de escoller aquelas que sexan fiables asi como crear contido propio e non plaxialo.

En definitiva e volvendo sobre o tema inicial non creo que debamos ser unha cousa ou a outra, baixo o meu punto de vista podemos ser tanto consumidores como produtores, ou o o que é o mesmo Prosumidores.

_______________________________________________________________________________________________

Fontes bibliográficas: