Edición na Galipedia.

Boas a todos e a todas!!

Na clase interactiva da semana pasada propuxéronos unha actividade. A actividade baseábase en algo que eu persoalmente nunca fixera, levar a cabo unha edición na Galipedia.

En primeiro lugar deberiamos de crear unha conta no enderezo de Galipedia.

Tras isto, a actividade debería desenvolverse en grupos de catro persoas cada un. Cada grupo debería de escoller un dos diversos temas que nos ofreceron. O tema escollido por nós foi o de Redes Sociais, tema que nos resultou atractivo quizais porque estamos moi familiarizados con él.

O aprtado de redes sociais que eu editei foi o de historia. Este apartado só contaba con dúas ou tres liñas antes da miña edición polo que decidín enriquecelo máis. Realicei varias edicións, a máis recente foi para corrixir dous erros ortográficos dos que non me percatara nun inicio.  O resultado final atópase nos arquivos do meu perfil, a modo de captura de pantalla. Para visualizalo clicar aquí.

Pensei que me resultaría complexo referenciar ou crear vinculos pero o certo é que unha vez que explorei as opcións que ofrecía resultou moi sinxelo.

Baixo o meu punto de vista, que nos enderezos da fundación Wikipedia poida editar calquera convérteo nunha arma de dobre filo.

Por unha banda, resulta moi enriquecedor que persoas de calquera parte do mundo poidan enriquecer os contidos e editando o que outras persoas editaron anteriormente mellorando así a información.

Pero por outra parte o máis criticado de Wikipedia é precisamente iso, que calquear a pode editar admáis de que é considerado un medio pouco formal. Non debemos de esquecer que a pesar disto é unha fonte fiable aínda que non a debemos empregra como ferramenta única e principal á hora de obter información.

Recabando un pouco no concepto Wikipedia, podemos afirmar que é a fusión de dopus termos "wiki" e "enciclopedia". O termo wiki provén do Hawaiano "wikiwiki" cuxo significado sería o equivalente a informal ou rápido.

A primeira persoa que aplicou o concepto wiki na informática foi Ward Cunninghan. Cunnighan estaba a procurar un nome para a súa aplicación que consitía na rápida edición de páxinas web mediante un navegador e formularios. Tras a súa viaxe  a Hawai chamoulle a atención que os autobuses que servían como nexo de unión entre as diferentes terminais do aeroporto recibían o nome de "wikiwiki".

Dende 1995 os wikis non deixaron de medrar sendo actualmente milleiros de eles que actúan como plataformas para diferentes ideas e proxectos.

_____________________________________________________________________________________________

Fonte bibliográfica: