NARRATIVA TRANSMEDIA

NARRATIVA TRANSMEDIA

Transmedia.png

Recapitulando as clases de Tecnoloxía Educativa, así como varias das publicacións dos compañeiros e compañeiras en Stellae, hoxe gustaríame tratar o tema da narrativa transmedia. Este termo é introducido por vez primeira por Henry Jenkins e fai referencia ao movemento dun contido ou temática a través de diversos medios. Unhas das peculiaridades desta narrativa é que unha historia non segue un movemento lineal de espazo e tempo, se non que está composta por outras historias diferentes podendo participar nelas os usuarios e espectadores como produtores. Hai que destacar que o entretemento foi o primeiro sector que visualizou as potencialidades socioculturais e de mercado desta narrativa, aínda que hoxe en día xa se poden atopar exemplos no periodismo.

Con este vídeo seguramente entendades mellor este concepto:

Polo tanto, podemos concluír que á Narrativa Tansmedia aínda se está a desenvolver, contando nun futuro coa posibilidade de participación dun número superiror de individuos. Isto lévanos a reflexionar sobre a gran influencia e repercusión que as nosas accións van ter para o resto da sociedade xa que, por exemplo, se sucede algo na rúa e o gravamos co noso teléfono e o publicamos na rede, en certa medida, non estariamos invadindo a intimidade desa persoa? Que opinades ao respecto, é necesario unha profunda alfabetización no uso das diversas plataformas mediáticas e dispositivos electrónicos?

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS

De Melo Cardoso, A.T & Gallo, P. (2014). La comunicación integrada y la narrativa transmedia. Revista de la asociación española de investigación de la comunicación, 1(1), 112-116. Recuperado de http://www.novosmedios.org/revista/index.php/AEICp/article/view/42/31

Ruiz Moreno, S. (2014). Las características de las narrativas transmedia. En Irigaray, F & Lovato, A. (eds), Hacia la comunicación transmedia. (pp. 97-104). Rosario:  Editorial de la Universidad Nacional de Rosario. Recuperado de file:///C:/Users/garcianavia/Downloads/Hacia-una-Comunicacion-Transmedia.pdf

Comentarios

  • Ángela

    Hola Araceli, pareceme unha boa entrada, xa que fas un bo resumo do que é  narrativa transmedia. Para min, como se reflexa no video, con calquer soporte electrónico podemos contar unha historia da cal podemos aprender algo ou xerar novas ideas. Pareceme atractiva a idea de que nun futuro se puidera contar coa participación de un maior número de participantes, mais en resposta a pregunta que realizas pareceme que podemos levar a cabo a participación nesta actividade sempre que gardemos o dereito de privacidade das persoas.

    Un saudo

     

  • ...

    Boas Ángela, grazas pola túa opinión. :) Aínda que non respondera á pregunta formulada por min mesma, a verdade é que opino algo semellante a ti: é interesante unha maior participación das persoas, pero máis importante é gardar e ter en conta a intimidade das destas.

  • Borja

    Boas Araceli! Pois como ben sabes a día de hoxe estase a buscar algo máis innovador, polo que a idea de producir contido e temáticas con varios medios e cun maior número de participantes posible demostra unha nova maneira de traballar a diferencia de antes, cando se traballaba con tempos e recursos máis limitados. Isto penso eu que resulta un paso adiante nun proceso de aprendizaxe, pero debemos ter responsabilidade tamén no emprego dos medios dixitais, coidando a privacidade e revisando as producións a realizar e publicar, demostrando os coñecementos que imos adquirindo con estas historias novas e creativas. Un saúdo

  • ...

    Ola Borja, grazas pola túa aportación. Eu tamén considero que é un paso adiante pero, como ti ben dis, ser responsables no seu uso é un trazo que non debemos esquecer. Saúdos!

  • Jesús López

    Ola Araceli!

    Aínda que chego un pouquiño tarde, estiven a ler a túa entrada e os comentarios dos compañeiros e da man do resumo que fixeche, claro e sinxelo, levoume a pensar nas posibilidades desta idea trasladada a unha aula, no marco do desenvolvemento dunha unidade didáctica de calquera asignatura... non cres que presentar unha historia deste xeito, faría que os mestres conectasen moito mellor cun público acostumados á narrativa transmedia e xeraría motivación e participación?

    Paréceme que pode ser unha boa idea e tratarei de desenvolver unha entrada sobre isto. Como o ves ti?

    Un saúdo

  • ...

    Ola Jesús! Moitas grazas pola túa aportación e perdoa non poder contestar antes.

    A verdade é que me parece moi interesante o que acabas de suxerir. A pesar de que todos sabemos que ao longo da historia, se xurdiu un problema na sociedade, este se intenta solucionar mediante a educación (como a solución a todos os nosos problemas) introducíndoo como un contido/materia, neste caso, penso coma ti. É importante que estes contidos se empecen a introducir nas aulas, ademais, con temas coma estes o alumnado estaría moito máis motivado xa que é algo que lles sucede no día a día, ven que o que traballan nos centros ten unha repercusión fóra dos muros cunha aplicación práctica, traballaríanse temas transversais (tanto os sociais derivados dos usos das tics como contidos propiamente tecnolóxicos) incluso daría a oportunidade de que participasen as familias (o  propio alumnado podería ensinarlle aos seus achegados o aprendido na clase, a influencia e repercusión do uso destas novas ferramentas).

    Intentarei estar atenta ao teu perfil se desenvolves unha entrada deste tema porque en verdade que me interesa. Si se me esquece avisarasme por favor, e ánimo no tema que seguro que encontras datos moi prometedores.

    Un saúdo!  

  • Jesús López

    Boas Araceli

    Estes días estiven traballando nela, conto que dentro de pouca poida publicala. Por suposto que te aviso, espero as túas impresións sobre a mesma!

    pd: moi boa a imaxe que utilizache para explicar a narrativa transmedia, máis gráfica imposible.

    Un saúdo