EMPRENDUMOOC

#EMPRENDUMOOC - EL MOOC "SENTIDO DE LA INICIATIVA Y EMPRENDIMIENTO EN EL AULA" TE PROPONE ADQUIRIR LA CAPACIDAD DE FOMENTAR Y POTENCIAR LA COMPETENCIA EMPRENDEDORA TANTO EN TI COMO EN TU ALUMNADO. Recuperado de: http://mooc.educalab.es/courses/INTEF/INTEF1511/2015_ED1/about

Navegando pola rede atopeime con este MOOC que me pareceu moi interesante, tanto para persoal docente como para o alumnado. Dende este MOOC podemos descubrir e deseñar espazos de aprendizaxe onde os almnos poidan desenvolver o seu espíritu creador e o seu potencial emprendedor.

Neste pretenden fomentar a iniciativa no traballo e a competencia emprendedora para crear cidadáns integrais, capaces de comprender os continuos cambios da súa contorna e ser partícipes activos destes cambios.

Os obxectivos deste MOOC son: 

- Asimilar en que consiste a competencia emprendedora, o sentido da iniciativa e as capacidades que a compoñen.

- Aprender técnicas e metodoloxías que axuden ao desenvolvemento desta competencia.

- Aprender a elaborar proxectos e actividades didácticas para o desenvolvemento desta competencia no alumnado e a súa avaliación.

- Participar activamente en redes e comunidades profesionais docentes e avanzarías na mellora da túa competencia dixital.

E vos que pensades? Parecevos unha ferramenta útil?