Cursos Online Masivos e Abertos (MOOC)

Durante a sesión expositiva desta semana saíu a relucir o termino MOOC(Massive Open Online Course) que son cursos masivos abertos a distancia, os cales podería establecer algunha relación con algunha outra entrada que fixen no blog como foi a de Tecnoloxía e Aprendizaxe Autónomo. Debido a iso, e que tamén tiña algo de descoñecemento en dita temática, decidín elaborar unha nova entrada sobre a mesma para de tal forma, tratar de profundizar en ditas iniciativas educativas, as cales están mediadas polas tecnoloxías.

Estes cursos MOOC creceron moito nos últimos tempos, os cales poden ser cursados a través da rede por calquera persoa sen necesidade de contar cun mestra ao outro lado, dita iniciativa educativa ten como principal vantaxe que poden ofrecer un entorno adaptable as características dos estudantes, e favorecen a creación dun Entorno Persoal de Aprendizaxe (PLE), xa que estes permiten ao alumnado establecer os seus propios obxectivos mediante a xestión dos seus propios aprendizaxes, seleccionado os contidos e as estratexias que crean convenientes para poder acadalos, promovendo o emprego de ferramentas dixitais que mellor se axusten aos seus estilos de aprendizaxe, así como establecendo os pontes de comunicación que faciliten tanto a súa actividade formativa tanto desde unha perspectiva individual como colaborativa.

Polo tanto, estes cursos teñen a capacidade de ter gran versatilidade, son capaces de responder a tódalas demandas dos usuarios, ofrecen un escenario personalizable alí onde cada cal poida establecer e organizar o seu propio aprendizaxe diverxente e creativo mediante a xestión de aplicacións e recursos, a presentación e reestruturación de contidos atendendo aos seus estilos de aprendizaxe, o tempo que permite ter asesoramento experto puntual nas dificultades que aparezan no acto formativo, xunto ca xestión e administración dun eficaz sistema de comunicación que facilite o intercambio de información e a elaboración colaborativa do coñecemento e por último, permite a posibilidade de elixir o tipo de actividades de entre as propostas que mellor se adapten as preferencias cognitivas de cada quen, ofrecendo prazos de entrega flexibles.

Os cursos posibilitan obter coñecementos atendendo aos intereses e as necesidades educativas que demande cada estudante. Estes cursos teñen dúas variantes en función dos obxectivos e as estratexias metodolóxicas que levan a cabo, os cales son:

Os xMOOC; que son semellantes aos cursos tradicionais, baseados na transmisión de contidos e na proposta de diferentes probas avaliativas. Por outra banda atopámonos cos cMOOC, onde o aprendizaxe se produce a partires de interconexións, a interacción e o intercambio de experiencias entre os usuarios (semellante ao que realizamos nós na plataforma Stellae). Sen embargo, ámbalas dúas variantes tratan de favorecer a execución de actividades nas que os propios estudantes sexan os que asuman o control e a xestión do seu propio aprendizaxe, isto pode relacionarse co modo de proceder nesta materia.

De tal xeito, o estudante neste tipo de formación convertese no centro do proceso educativo, posto que este é un espazo onde se poden integrar tanto os aprendizaxes formais como informais mediante a creación de redes, as cales permiten o intercambio de información e coñecemento.

Estes cursos están baseados na filosofía da difusión do coñecemento, para que este poida chegar ao gran público.

A modo de conclusión, considero que estes cursos poden ter un gran atractivo para moitas persoas porque son moi flexibles, ademais son elixidos polos propios alumnos que os cursan, unido a que eliminan todo tipo de barreiras xa sexan de carácter económico, xeográfico, temporal etc. No referente aos docentes, estes cursos tamén poden ter un gran atractivo xa que lles permiten obter e contactar con novos alumnos, aumentar a súa reputación tanto como docente como investigador, así como tamén permítelles promocionar outros cursos e recursos educativos da súa creación.

Para finalizar, comentar que a UNED ten un canal propio dedicado a este tipo de cursos, ó cal podedes acceder pinchando aquí. Este canal ofrece cursos dedicados a diversas temáticas, entre as cales se atopan; humanidades, idiomas, psicoloxía e servicios sociais, educación, ciencias e tecnoloxía, economía e empresa, e dereito.

 

 

Moral, Pérez. E., Villalustre, Martínez., L. (2015). MOOC: Ecosistemas digitales para la construcción del PLE en la Educación Superior. Revista Iberoamericana de Educación a distancia. 18(2).pp:87-117. Recuperado de: http://revistas.uned.es/index.php/ried/article/view/13353/13055

Fecha de consulta:14/04/16

https://unedabierta.uned.es/wp/cursos/mooc-coma/

Fecha de consulta: 14/04/16

 

Comentarios

  • Borja

    Hola Rubén! Pois estiven observando profundamente o enlace acerca dos cursos propostos pola Universidade Nacional de Educación a Distancia e realmente estou interesado en realizar algún deles do campo educativo evidentemente, unha vez remate a carreira e no meu tempo libre poida así ampliar un pouco máis os meus coñecementos. Sigo votando pola opción de formarme de maneira presencial sempre que poida, aínda que esta nova metodoloxía de estudo tampouco cabe descartala como estilo de aprendizaxe en tempos futuros. Esta opción, no meu caso persoal, aplicareina en anos futuros en momentos puntuais de tempo libre, obtendo novos coñecementos pero tendo como punto de atención no meu posto de traballo, o que por sorte desenvolva.

    Como ben sabemos, aínda que un/unha estea ocupando un posto de traballo non hai que esquecer a continuación dun proceso formativo que nos axude a adquirir novas competencias, a vivir experiencias que enriqueza o noso nivel intelectual, polo que existe a posibilidade de xestionar tempo de traballo, tempo libre e de ocio e mais un tempo para realizar cursos a distancia.

    Un saúdo!