Xogos para nenos con TDAH

Hoxe quería centrarme no trastorno TDAH (Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade), concretamente na súa relación ca tecnoloxía, nos xogos para mellorar este problema.

O Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade é un problema complexo debido á súa precoz aparición, á súa natureza, multifacética e crónica e, sobre todo pola súa repercusión no funcionamento do suxeito nos distintos contextos nos que se desenvolve a súa vida diaria. É un síndrome neurobiolóxico caracterizado pola presencia dun desenvolvemento inapropiado dos mecanismos que regulan a atención, a reflexividade e a actividade (Miranda, Jarque, Soriano, 1999).

Falareivos dunha ferramenta chamada neurofeedback para tratar a hiperactividade en nenos/as con este trastorno. O neurofeedback estuda a actividade do cerebro e a maneira en que as neuronas emiten diferentes impulsos nerviosos.

A partir desta ferramenta desenvolvéronse algúns xogos de ordenador para potenciar a capacidade de atención e concentración destes nenos/as. Estes xogos consisten en poñerlle ao neno/a sentado en fronte do ordenador un brazalete que se encargará de recoller a súa actividade neuronal rexistrando a atención que está mostrando o neno/a e conseguindo que o propio neno/a mova os personaxes e obxectos que saen na pantalla tan só ca súa mente.

Estes movementos que el fai ca mente, dannos a información de si está prestando atención ou si non, entón o neno esfórzase para conseguir prestar atención. Por exemplo, cando o neno está concentrado e prestando atención hai un delfín que sae do mar cara arriba e, polo contrario, cando o neno/a deixa de concentrarse, o delfín baixa entón el fai o esforzo para que volva a subir.

Esta é unha técnica que axuda á concentración destes nenos que precisamente é algo do que case carecen e, á larga, pódelle traer consecuencias. Por isto, estas ferramentas axudan ao mellor desenvolvemento dos que padecen TDAH, axudándolle sobre todo na concentración nos seus estudos e en moitos outros ámbitos da súa vida.

Estes son avances da tecnoloxía, outro dos moitos exemplos que hai nos que se demostra que a tecnoloxía só ten aspectos positivos avanzando día a día e, gracias aos cales, moitas persoas con algún tipo de trastorno como o TDAH, poden levar unha vida moito mellor. 

Bibliografía:

Miranda, A., Jarque, S., & Soriano, M. (1999). Trastorno de hiperactividad con déficit de atención: polémicas actuales acerca de su definición, epidemiología, bases etiológicas y aproximaciones a la intervención. Revista de neurología,28(2), 182-188.Recuperado de: http://www.neurologia.com/pdf/Web/28S2/gS20182.pdf

Muñoz Gacto, Pablo. (s.f.). Juegos de ordenador para tratar la hiperactividad en niños. Recuperado de: http://www.guiainfantil.com/blog/salud/hiperactividad/las-nuevas-tecnologias-en-el-tratamiento-de-la-hiperactividad/