Volvemos.

Só en 2015, máis de cen mil españoles e españolas abandoaron España en busca de oportunidades laborais.

Volvemos, é unha páxina web na que máis de 3.300 persoas manifestaron o seu desexo de volver a España para traballar no seu país de orixe cunhas condicións económicas xustas e con traballos fixos, rexeitando a temporalidade.

Esta páxina publica multitude de ofertas de emprego en España, só validando as que se consideran que ofrecen unhas condicións económinas mínimas e realistas cos estudos que esixen.

Pero esta web non só publica ofertas con condicións económicas xustas, senon que vai máis alá. En Volvemos.org están convencidos de que coa volta do talento, e co freo da fuga de cerebros”, vanse fomentar novas prácticas laborais, con maior conciliación e flexibilidade nos horarios e máis valoración e recoñecemento dos profesionais. E a partir de aiquí, fomentar e axudar as asociacións que traballan nos países de acollida para a xente que quere quedarse alí e por un marcha un “plan de retorno do talento” para quenes queren volver, colectivo ao que Volvemos.org ofrece axuda pondo esta ferramenta a disposición do goberno.

 

Pero a realidade é que pouca xente coñece este tipo de páxinas, e o problema atópase na comunicación na rede. A comunicación que se desenrola en Internet presenta formas e significacións diferentes ás que adoptan os medios de comunicación tradicionais, debido fundamentalmente a que se trata dun medio ou dunha forma de medios interactivos nos que hai un usuario e non un mero receptor. A capacidade que teñen as persoas para seleccionar ou non o que se lles ofrece, obliga, desde o punto de vista da emisión dun documento web ou dunha páxina en concreto, a ter en conta as necesidades para lograr un óptimo posicionamento nos buscadores, ou superar os requisitos de accesibilidade, que permiten que o documento poida ser utilizado por moitas persoas e ser coñeceido nun nivel máis amplo (Gómez Diago, 2005).

Entón, a cuestión non se centra na función de informar, se non de como se informa. Esto pode compararse directamente coas nosas entradas de Stellae. Moitas veces ofrecemos información, a cal resulta plana e sen contrastes, o que fai que moitas entradas non sexan realmente interesantes e pasen desapercibidas, pero según avanzamos, vamos aprendendo como informar, facendoas atractivas, xa sexa a través do título, da presentación que ofrecemos do tema, da inclusión ou non de máis formatos (imaxes, vídeos,etc). E ao mesmo tempo, podemos comparalo tamén coa dinámica de ensino-aprendizaxe que axercen os profesores/as, sabendo que moitos deles sí nos achegan os contidos, e outros non.

A tecnoloxía ofrecemos a ferramenta principal, a comunicación , pero  está nas nosas máns saber utilizala para chegar ás persoas, transmitir coñecementos e ir sempre máis alá. Por iste motivo decidín escribir esta entrada, porque considero que a comunicación virtual é unhadas miñas tarefas pendentes, e pretendo mellorala reflexionando sobre as miñas debilidades neste campo e avanzando en función dos obxectivos que me propoño.

 

Bibliografía: