• Blogs
  • Annabel
  • A BRECHA ENTRE A ESCOLA E AS COMPETENCIAS EN COMUNICACIÓN AUDIOVISUAL

A BRECHA ENTRE A ESCOLA E AS COMPETENCIAS EN COMUNICACIÓN AUDIOVISUAL

Na pasada clase expositiva traballamos o tema da Educación e o desenvolvemento das competencias audiovisuais. Isto levoume a pensar no feito de que realmente traballamos moi pouco estas temáticas nas escolas, algo que é curioso tendo en conta que as persoas pasamos cada vez máis tempo diante dos ordenadores, a televisión e diversos medios de comunicación audiovisuais.

Según Marcellán Baraze, Calvelhe, Agirre & Arriaga (2013), nun estudo sobre os xóvenes e as súas producións audiovisuais, existe unha notoria brecha entre os contidos e saberes que se traballan nas escolas e a realidade que vive o estudantado.

En certo modo sinto que se repite a mesma cuestión que tanto se ten posto de manifesto nos últimos anos, o feito de que a nosa sociedade está mudando a unha velocidade cada vez maior, e dende o ámbito educativo non estamos establecendo respostas eficientes que doten o alumnado de aptitudes e actitudes adecuadas e necesarias para desenvolverse de forma positiva no mundo das TIC.

Así Ferrés.J (n.s), afirma : “El abandono en que se halla la educación en comunicación audiovisual (ECA) se pone de manifiesto, por tanto, en que, a pesar de que nuestro contexto cultural es marcadamente audio-visual, la ECA apenas tiene presencia en los currículos educativos”

Debemos formular polo tanto, unha modificación do currículo educativo que sexa moito máis realista, actualizada e que dote de competencias os individuos do século XXI, pois doutro modo estamos deixando á deriva a un montón de persoas, sen ningún tipo de recurso nin medio que lle permita ter unha actitude crítica ante as TIC e lograr explotar tódalas potencialidades que estas ofrecen.

 

Bibliografía:

 

           Ferrés Prats,J. (n.s). Tema monográfico: La competencia en comunicación audiovisual: propuesta articulada de dimensiones e indicadores. Quaderns del CAC, 25

enlace: http://www.cac.cat/pfw_files/cma/recerca/quaderns_cac/Q25ferres2_ES.pdf

 

          Marcellán Baraze,I. Calvelhe,L. Agirre,I. & Arriaga, A. (2013). Estudio sobre jóvenes productores de cultura visual: evidencias de la brecha entre la escuela y la juventud. Arte, Individuo Y Sociedad, 25(3)

enlace: http://dx.doi.org/10.5209/rev_aris.2013.v25.n3.40752