A revolución da telefonía móbil

Boas noites a tod@s, a modo de continuación das miñas anteriores entradas e despois de ler a entrada da miña compañeira Laura Crespo sobre a nomofobia, gustaríame compartir con vós esta reflexión persoal sobre o uso que se fai do teléfono móbil actualmente, facendo fincapé nos xóvenes.

Según Benavides e Weezel (2009 )“ a telefonía móbil experimentou un explosivo crecemento a nivel mundial [...]; pero o que máis chama a atención é o impacto que provocou na sociedade, particularmente, nos xóvenes adultos”. Actualmente o móbil converteuse nun obxecto esencial na vida diaria, permitindo que a comunicación entre as persoas sexa máis rápida, cómoda e sinxela. As súas funcións van dende as chamadas e os sms, ata buscar información, sacar fotos, mirar a hora, revisar as redes sociais, mandar correos, ver os minutos que faltan para que pase un determinado bus, establecer rutinas de exercicios, escoitar música, etc. Todas as súas funcións foron directamente proporcionais ao nivel de adicción nas persoas; cantas máis funcións ten máis dependencia se xera, o que se pode manifestar en trastornos tales, como a nomofobia (Pérez, 2013).

Según a revista muy interesante esta pódese definir como “ o medo irracional a estar sen teléfono móbil”.  O termo provén do anglicismo “nomophobia” (“no-mobile-phone-phobia”).  A dependencia que se xera é tal, que o  usuario experimenta unha sensación de incomunicación,  ansiedade, dificultade para concentrarse, agresividade e inclusive dor de cabeza e estómago cando é privado do teléfono móbil. Aínda que cada vez máis usuarios padecen de forma inconsciente este trastorno, os xóvenes son os máis propensos (Martínez, s.f.). Miramos o móbil na clase, no traballo, ao levantarnos e antes de irnos a durmir; cando ceamos, comemos e almorzamos; sen importarnos, a maioría das veces, onde, cando e con quen esteamos e  sen percatarnos da falta de respecto que estamos cometendo hacia as persoas que están connosco.

Con isto non quero dicir que os móbiles sexan algo negativo para a sociedade, xa que fan posible unha comunicación rápida, sinxela e cómoda; a vez que nos proporciona moitas outras funcións para facernos o día a día máis sinxelo. Pero como todo ten que haber uns límites, xa que, o abuso desmesurado o pode converter nun problema; é algo para facilitarnos a vida, pero de ningún xeito é un obxecto de primeira necesidade nela.

Para finalizar e verificar un pouco o dito anteriormente,  incorporo unha entrevista que lles fixen a catro amigos sobre o uso que eles fan do seu smartphone. Nela pódese ver que é un obxecto o cal o levan sempre consigo e o utilizan para múltiples tarefas, revisándoo cada pouco tempo, as veces de forma inconsciente.

Levas sempre o móbil contigo?

A.A.: Si

A.F.: Si

R.V.: Sempre levo o móbil comigo a menos que mo esqueza.

C.A. : Si

Para que o empregas principalmente?

A.A.:  Pois o móbil emprégoo para comunicarme cos meus amigos por Whatsapp, ver vídeos en youtube, revisar as redes sociais e inclusive para atopar información en internet cando a preciso.

A.F.: Pois úsoo para falar, ver noticias, escoitar música, mirar a hora, de axenda, para ver vídeos, sacar fotos, revisar as redes sociais e inclusive as veces de pendrive.

R.V.: Para a miña vida diaria: desde consultar o correo, acceder ao campus virtual, repasar apuntes de forma rápida, sacar fotos e loxicamente para comunicarme cos meus amigos  e revisar as redes sociais.

C.A.: Principalmente emprégoo para o Whatsapp, aínda que tamén para mirar facebook, instagram e snapchat.

Cantas veces ao día pensas que revisas o móbil?

A.A.: Buff, non podería dicir un número exacto pero bastantes veces.

A.F.: Non sabería dicir, moitísimas veces.

R.V.: Miro moitas veces, cada pouco tempo de forma inconsciente.

C.A.: Cada media hora máis ou menos.

Canto é o máximo que estiveches sen móbil? Que sentiches?

A.A.: O máximo foi unha semana e sentinme incomunicada.

A.F.:  Varias veces; sentinme incomunicado.

R.V.: O máximo que recorde estar sen móbil, desde fai 3 anos, foron 5 días mentres me traian o novo. Ao principio estaba agobiada, como que me faltaba algo.

C.A.: Dous días, impotencia de comunicación.

Consideras ó móbil un obxecto imprescindible na túa vida?

A.A.: Si.

A.F.: Imprescindible no, moi necesario e útil no mundo actual.

R.V.: Si considéroo imprescindible a día de hoxe na miña vida.

C.A.: Non, considero que Internet é imprescindible na miña vida, o móbil no. 

 

Por último gustaríame lanzarvos a vós a seguinte pregunta: Que lugar ocupa o móbil nas vosas vidas?

 

Webgrafía:

Comentarios

  • Cristina Arcos Caamaño

    Buenas tardes Lara, me gustaría aportar mi opinión a tu post ya que soy una de las entrevistadas. Los móviles no crean adicción, puesto que existen móviles desde 1954 y esta adicción es reciente. El problema de los teléfonos móviles aparece cuando se incorpora la posibilidad de tener internet en el mismo.

    Internet nos ofrece muchas virtudes las cuales se pueden convertir en adicciones. Hoy en día interpretamos como raro a aquel que no tiene una tarifa de internet contrata para el móvil. ¿No seremos nosotros los raros por utilizar el teléfono móvil para absolutamente todo? La adicción aparece cuando tienes un montón de "amigos" en las redes sociales que actualizan sus estados cada dos segundos, o un montón de grupos de Whatsapp en los que los integrantes del mismo ni siquiera conoces o cuando necesitas subir una foto de lo que haces a todas horas. ¿De verdad aparece la adicción por tener teléfono móvil? o ¿aparece por disponer de redes sociales?

    Ahí entra en juego la alfabetización digital, en la que se enseña a utillzar los diversos recursos que nos ofrecen la red y los docentes deben formarse más para impartir la mejor educación digital en una era en la que la vida gira en torno a la tecnología.

  • Adán Acevedo García

    Eu penso que no fondo do asunto, somos adictos á moda, a ser iguáis que os demáis... se nos paramos a pensar, hoxe iso trasladouse ás redes sociáis, pero antes a xente tamén actuaba así, empregando canles diferentes, pero no fondo do asunto todo se reduce á nosa adicción á información, a cal hoxe en día, está nos móviles.