Henry Jenkins e cultura participativa

Bo finde compañeiros/as!

Hoxe quero reflexionar sobre os cambios producidos na educación nos últimos anos. Como sabedes a Pedagoxía tradicional responde a teoría asociacionista segundo a cal o centro de atención non estaba no alumno como ser individual se non no mestre (relación vertical). Pero pouco a pouco foise introducindo o sentido de participación, fomentado a interacion entre os alumnos entre si (relación horizontal). Nesta interación as relacións son afectivas e os alumnos son autónomos respecto ao profesor. Así chegase a conduta  cooperativa, e non directiva, na que o mestre ten un papel de animador, o cal colabora cos membros do grupo e facilita intercambios de diferentes maneiras a fin de realizar a actividade en común.

Hoxe en día,  a tecnoloxía revolucionou, en certa forma, a educación, e debemos falar de conceptos como cultura participativa, intelixencia colectiva e alfabetización dixital. Actualmente os rapaces están en contacto cun tipo de cultura que Jenkins denomina cultura participativa, formando parte dalgunha comunidade online.

Segundo Jenkins (2006), a cultura participativa “é unha cultura con relativamente poucas barreiras cara a expresión artística e o compromiso cívico/ciudadán; cun forte apoio para a creación e o intercambio e un tipo informal de afiliación onde os que teñen máis experiencia comparten os seus coñecementos cos que se inician”. 

A cultura participativa ofrece unha serie de beneficios e oportunidades entre as que se destacan:

  • Aprendizaxe de igual a igual (peer-to-peer learning).
  • Desenvolvemento de habilidades valiosas.
  • Fortalecemento da consciencia ciudadá e o compromiso.

Dende perspectiva pedagóxica, o acceso á cultura participativa forma parte do currículo oculto xa que se produce un “empoderamento” cando os alumnos/as entran en contacto coa información que lles rodea. Deste modo, Jenkins aboga  por unha  intervención pedagóxica  e política para solucionar as seguintes problemáticas:

  • A brecha dixital, a cal xa falei anteriormente noutras entradas. É decir, o desigual acceso de oportunidades, experiencias, habilidades e coñecemento que se desenvolven no mundo dixital.
  • O problema da transparencia,  é decir, a necesidade de desenvolver estratexias para filtrar a  información que circula por internet. Nunha entrada anterior mencionei a importancia de crear un entorno persoal de aprendizxe (PLE), recoméndovos que a leais para profundizar neste concepto.

Así pois as familias e os mestres teñen un novo rol, xa que a linguaxe dixital debe ter un espazo na educación. Tanto uns como outros, deben participar nesta cultura, experimentala e adquirir as competencias e habilidades necesarias para incorporala nas clases, diseñando proxectos e difundilos a través da rede. Deben prestar atención as novos alfabetos dos medios, entendido como un conxunto de competencias e habilidades sociais que a poboación xove necesita para o novo paisaxe mediático. Estas novas habilidases propostas por Jenkins son:

  • Xogo: experimentar co que nos rodea como unha forma de solución de problemas.
  • Actuación: habilidade de adoptar diferentes e alternativas identidades  co propósito de descubrir e improvisar.
  • Simulación: interpretar e construír modelos dinámicos que reproduzan o mundo real.
  • Apropiación: asumir unha idea e reconvertila en material multimedia.
  • Multitarea: observar o entorno e cambiar o enfoque segundo os detalles máis importantes do mesmo.
  • Coñecemento distributivo: interactuar con ferramentas que nos permitan ampliar as nosas capacidades para pensar.
  • Intelixencia colectiva: reunir coñecemento e comparalo con outros para o logro dunha meta común.
  • Xuízo: evaluar a fiabilidade e a credibilidade de diferentes fontes.
  • Navegación transmediática: habilidade de seguir correntes de historias e informacións a través de múltiples modalidades e medios.
  • Conexión: buscar, sintetizar e distribuír.
  • Negociación: moverse entre a diversidade de grupos, respetando perspectivas múltiples.

A través da información buscada podo apreciar a transición existente entre a cultura do espectador, é decir, o alumno/a como un simple consumidor á cultura participativa, onde o alumno/a é co-productor de contidos, producíndose unha consctrución colectiva do coñecemento. Deste modo, tamén comparto o obxectivo de Jenkins: animar/alentar á xuventude a desenvolver habilidades, coñecementos, marcos éticos e a cofianza necesaria para convertirse en participatnes plenos da nosa cultura contemporánea.

Pero...para iso os educadores temos un papel fundamental...Non creedes que temos un reto educativo importante aquí diante?

Referencias Bibliográficas:
Tradución parcial do texto Confronting the Challenges of Participatory Culture: Media Educación for the 21st Century (Jenkis et al, 2006). Recuperado de:  http://spider-uoc.blogspot.com.es/2009/01/competencias-del-sxxi-y-la-nueva.html (15/04/2016)

Convergencia mediática, cultura participativa e inteligencia colectiva. Recuperado de: http://www.filosofitis.com.ar/2008/09/07/convergencia-mediatica-cultura-participativa-e-inteligencia-colectiva/ (14/04/2016)