LIM (Libros Interactivos Multimedia)

Nalgunhas das miñas entradas publicadas fun contestando a preguntas que me surxían dende a perspectiva dun orientador/a, en relación cos temas dados en clase. É decir, púxenme no papel dun orientador/a e resolvín dúbidas que me poderían facer as familias dos alumnos/as nun colexio, en canto a tecnoloxía educativa. Do mesmo modo, tamén relacionei conceptos con experiencias propias. Pero agora tamén quero coñecer ferramentas, xogos e actividades didácticas interesantes que están na rede, e que nun futuro poida asesorar aos mestres.

Durante a miña estadía en práctica tiven a oportunidade de coñecer o sistema LIM (Libros Interactivos Multimedia), o cal é un  entorno para a creación de materiais educativos, composto por un editor de actividades (EdiLim), un visualizador (LIM) e un arquivo en formativo XML (libro) que define as propiedades do libro e as distintas páxinas que o compoñen. Non necesita instalación, posto que inclúe todos os arquivos necesarios na carpeta descarga a través da súa páxina.

Esta aplicación gratuíta foi creada por Fran Macías e permite crear un libro en formato dixital de forma que os alumnos/as poden visualizalo co navegador. Existen máis de 30 plantillas de páxinas distintas e está dispoñible en 12 idiomas. Son de uso e distribución libre, sempre que se respete a súa gratuídade e autoría.

 No libro podes combinar diferentes contidos teóricos e actividades, como poden ser dende sopa de letras, puzzle, completar frases, preguntas con resposta múltiple, páxinas que mostran só información..e tamén podes incluír menús e enlaces a distintas páxinas do libro.

A verdade é que nunca creei unha actividade LIM pero paréceme un recurso interesante. Ten a dificultade que é laborioso, pero unha vez que tes a actividade clara a forma de creala é sinxela. Aquí vos deixo unha páxinaonde Javier Escajedo ofrece un taller de creación de libros con videotutoriales, no cal nos explica paso a paso todo o necesario para convertirnos nuns expertos na creación de libros dixitais. Tamén é moi recomendable o tutorial miprimerlibrointerativo.pdf cuxo autor é Fernando Posada.

Para rematar gustaríame mencionar a Biblioteca de libros creados en Edilim a través da cal tedes acceso a multitude de libros creados por outros docentes de diversas áreas e niveis educativos. Así pois, si vos animades a crear un libro non te esquezas de compartilo nesta biblioteca!

Referencias bibliográficas:
Creación de Libros Interactivos Multimedia  (LIM). Recuperado de:

http://www.educacontic.es/blog/creacion-de-libros-interactivos-multimedia-lim (16/04/2016)

 EducaLIM: http://www.educalim.com/biblioteca/index.php (16/04/2016)