Prosumidores na escola

Na clase exposotiva da pasada semana comentamos a posibilidade de creación do coñecemento de forma autónoma e autodirixida en función de preferencias e intereses a través de Internet.

Neste blog a miña pretensión será fusionar dita idea co concepto prosumidor, fundamentando a existencia do mesmo na anterior e exemplificando dita explicación co meu propio devir formativo.


A metodoloxía que dende o inicio do meu proceso formativo se viña seguindo para a construción de coñecemento proviña de dúas fontes e reflectíase en dous soportes. As fontes de información principais correspondíanse así co libro de texto, e a transmisión direta de información por parte dos mestres e mestras. Dita información seguía un sistema lineal e sumativo de concreción conceptual, que se gardaba en dous soportes fundamentalmente, os nosos cadernos e as nosas cabezas. Así, o costume da información en bandexa imposibilitaba en certo modo o desenvolvemento autónomo de busca, enriquecemento e resolución de dúbidas.

Coa chegada de internet ás aulas, abríase ante nós un "todo nun" dos libros de texto, que permitía a localización direta de contidos brindados nun novo soporte, o dixital, que constituía á súa vez unha fonte de información. Este feito non soamente cambiaba o descrito, senón que rompía coa metodoloxía de formación unilateral e lineal comentada. Con esta nova ferramenta, medran ademais os matices e as interpretacións presentadas sobre unha mesma cuestión, sendo necesario a capacitación en espírito crítico para a elección daquelas consideradas fiables ou verídicas.

Neste senso, a comunicación de información para a interpretación e a consolidación de coñecementos non se reflexa soamente nun proceso unidireccional, senón que impera ademais un proceso de feedback e de retroalimentación que permite a construcción de coñecementos por parte de varios usuarios que á súa vez utilizan diferentes fontes, contrastando diferentes visións e concepcións dun mesmo termo para a busca dunha definición o máis holística e verídica posible, por medio do proceso de busca e contraste de información (comentado na clase e reflexado no noso proxecto de video).

sistema de comunicación

En tanto que existe a posibilidade de crear sobre o xa creado, nace así a figura do prosumidor, como axente implicado no aproveitamento de fontes existentes e como creador doutras novas para un novo consumidor.

Neste senso, quero destacar a importancia de que este proceso se adiante, fomentándoo xa nos niveis obrigatorios de ensinanza de forma que se aumente a autonomía dos alumnos en canto ós camiños a escoller para a consecución dun fin formativo, fomentando ademais a colaboración e a construcción grupal de coñecementos, potenciando os criterios de valoración de informacións ambiguas por medio do contraste.

Prosumidor, (s.f). En Wikipedia. Recuperado el 18 de abril de 2016 de: https://es.wikipedia.org/wiki/Prosumidor

 

Comentarios