Clase expositiva: Identidade Dixital

Na clase expositiva de hoxe, 19 de abril, tratamos o tema da identidade dixital e os aspectos relacionados con dito concepto.

Primeiramente, formulouse na clase a seguinte pregunta: a identidade dixital é boa (positiva) ou mala (negativa)? Dende o meu punto de vista, como toda tecnoloxía e todo o que ten que ver con ela, pois isto tamén ten a súa parte negativa e a súa parte positiva sendo algo “necesario” hoxe en día para sentirnos actualizados no mundo dixital.

Hoxe vimos dous exemplos mediante vídeos na clase:

  • Por unha banda, o vídeo que representaba á parte negativa da identidade dixital transmitíanos a mensaxe de que absolutamente todo o que publicamos nas nosas redes sociais tan só é privado en certo modo, xa que calquera pode acceder a esa información.
  • Por outra banda, o vídeo que corresponde ca parte positiva transmitíanos a mensaxe de que ter identidade dixital si facemos un bo uso dela pode ser moi produtivo. Isto vímolo mediante a creación dun curriculum en forma de vídeo moi orixinal o cal nos pode abrir moitas portas.

Por outra banda, tratouse o tema relacionado co risco de internet en adolescentes, e a inconsciencia de que o que subimos a calquera plataforma virtual, rede social, etc, sáese do noso control para sempre, algo do que moitas veces non somos conscientes e, si nós a día de hoxe con toda a información da que dispoñemos non o somos, as xeracións que están por vir son conscientes? Eu creo que non, e que o tema da identidade dixital vaise un pouco das nosas mans pero non é algo que non teña solución nin que non poidamos controlar co paso do tempo. Debemos concienciar, educar, etc, ás xeracións futuras de maneira que sexan conscientes do perigo que corren cando envían por exemplo unha foto. Comparto a opinión de que debemos actuar como modelos para eles pero creo que non somos un bo exemplo, xa que considero que na nosa xeración xa habería que actuar antes.

É a solución o control parental nas redes sociais e demais? Considero que non é a solución aínda que si pode axudar, por isto considero que a solución reside en educar dende un primeiro momento co control posterior por parte dos pais das páxinas que visita o seu fillo, as fotos que sube, etc. Por exemplo, a obsesión dalgúns adolescentes por obter o maior número de “likes” nas fotos para sentirse a gusto consigo mesmo non ven dado por escaso control parental se non por escasa educación nese ámbito.

Aquí entran en xogo dous conceptos abordados na clase e definidos pola profesora Ana Groba que son:

  • Reputación online: opinión ou consideración social que outros usuarios teñen da vivencia online dunha persoa ou dunha organización.
  • Identidade online: é o que eu son, ou pretendo ser, ou creo que son.

Destacar unha páxina web citada na clase chamada “Pantallas Ammigas” onde podemos atopar moitos recursos para traballar con nenos sobre a privacidade de internet. (Déixovos o enlace na bibliografía deste post).

Engadir, por último, a definición de dous termos novos aprendidos e abordados na clase de hoxe: grooming e sexting.

Segundo a Wikipedia podemos definir estes conceptos como:

  • Grooming: refírese a unha “serie de conductas e accións deliberadamente emprendidas por un adulto co obxectivo de gañarse a amizade dunmenor de idade, creando unha conexión emocional co mesmo, co fin de diminuír as inhibicións do neno e poder abusar sexualmente del”.
  • Sexting: refírese ao “envío de contidos eróticos ou pornográficos por medio de teléfonos móbiles”.

Bibliografía:

Grooming, (s.f). En Wikipedia. Recuperado o 19 de abril de 2016 de https://es.wikipedia.org/wiki/Grooming

Sexting, (s.f). En Wikipedia. Recuperado o 19 de abril de 2016 de https://es.wikipedia.org/wiki/Sexting