É hora de facer un balance

stone-balance.png 

É importante dedicar un tempo a reflexionar sobre un mesmo, xa que serve para responder a preguntas que son fundamentais no proceso de aprendizaxe nunha materia, como por exemplo: Qué estou aprendendo? Cómo estou aprendendo? Qué obstáculos atopo?

A través da autoavaliación replanteime cal está sendo o meu proceso de aprendizaxe, e quizáis me falte presentar máis documentos que xustifiquen e den coherencia a miña proposta.  Do mesmo modo, Adriana tamén me aconsellou que realizara reflexións sobre o meu propio proceso de aprendizaxe con maior continuidade.  Estes serán dous obxectivos máis a lograr.

Ao inicio desta materia tiña unha visión moi reduccionista da Tecnoloxía Educativa e apenas tiña motivación porque os meus coñecementos eran escasos. Pero tomeime a materia como unha viaxe en tren con moitos vagos de coñecemento, nos cales ti te paras en cada un deles, máis ou menos tempo, segundo os teus intereses persoais. Podería ser algo así:

tren.jpg

Xa levamos dous meses de curso nesta materia e tiven a oportunidade de traballar e profundizar en varios conceptos descoñecidos, ou simplemente por interese. Nos vagóns do tren puxen algúns, pero a verdade é que me faltarían vagóns e vagóns para facer completo un Tren sobre Tecnoloxía Educativa. Deste modo, sorprendeume a cantidade de ideas que se esconden e se engloban dentro desta materia.

Quería destacar tamén dúas actividades realizadas que me pareceron moi significativas. A primeira delas é cando creamos as noticias. Nunca me parara a pensar o fácil que é redactar un suceso, novidade, idea etc, e compartilo á rede, podendo ser verdade ou mentira. Así pois, a rede Stellae converteuse nun muro de noticias onde debías desenvolver a competencia de aprender a contrastar  información e preguntarte: Para qué? Por qué? En que contexto?

A segunda actividade foi colaborar coa Galipedia. Deste modo puiden relacionar varios conceptos como coñecemento aberto, productor, curación de contidos e  cultura participativa. Aínda que xa tivera esta experiencia no Instituto,  gústame colaborar nesta comunidade na cal todo o mundo fai achegas, de múltiple procedencia xeográfica, idade, ideoloxía etc. Deste modo, o desenvolvemento da Galipedia está aberto a toda persoa interesada en contribuír. O seu obxectivo é a plena trasmisión da sabedoría e o coñecemento sen restriccións editoriais nin comerciais, así que estou a favor da súa difusión como unha fonte de información fiable máis.

Referencias Bibliográficas:

Fotografía extraída de: http://crashoil.blogspot.com.es/2016/02/balance-energetico-integral-un-metodo.html

Comentarios

  • Natalia

    Buenos días Alba! Me parece muy interesante tu balance, y una muy buena idea lo del trenecito! Al igual que tú yo también tenía una visión muy reduccionista en esto de la tecnología y gracias a esta materia estoy ampliando mucho mi forma de pensar en este tema. Y bueno, decirte que yo también coincido en la actividad de Galipedia, pues aunque yo nunca había hecho algo por el estilo, me parece una muy buena forma de cooperar en Internet! 

    Un saludo :)

  • Ariana

    Hola Alba y Natalia ¡¡ Estoy totalmente de acuerdo con vosotras. Al comenzar la materia mi visión sobre la misma era muy escueta, ya que desconocía todas las potencialidades que la tecnología educativa nos puede ofrecer. Al igual que vosotras también hice valance sobre mi propio proceso de aprendizaje y también estoy de acuerdo en que Galipedia es una buena forma de transmitir y crear conocimiento. El trenecito es una buena forma de representar ese proceso, además de ser una imagen muy representativa, y me gustaría incorporar la idea de que las personas que se suben a ese trenecito son los usuarios de la Red que absorven la información, la procesan y la comparten con el resto de usuarios. Porque la Tecnología Educativa no sería nada sin prosumidores, generadores y a la vez consumidores de información. Un saludo ¡¡